viernes, 23 de febrero de 2018
CONTOS CON MIMO: A NAI DE RUBÉN
Raquel, nai de Rubén da clase de 5 anos A, contounos o conto "A mosca chosca" axudada polo propio Rubén que colaborou encantado, mirade que ben o fixeron:
PLANTAMOS
OS CUMPLES DE FEBREIRO
jueves, 22 de febrero de 2018
CONTOS CON MIMO: O PAPÁ DE ROQUE
miércoles, 21 de febrero de 2018
VARICELA
Sentimos informar que seguimos a ter casos de varicela. Xa sabedes que é moi contaxiosa, así que agradecemos ás familias que tomen as medidas oportunas para non contaxiar aos seus compañeir@s.
martes, 20 de febrero de 2018
CONTOS CON MIMO
Propoñémovos unha nova actividade, os "Contos con mimo".
Chamarémoslles así porque o contacontos será unha persona moi especial para algún dos peques: un membro da familia!!
Apetécevos??
Para poder organizala correctamente pedímosvos que en función das vosas posibilidades e o horario que cada clase teña asinado para acudir a biblio do cole, faledes coas mestras para ir establecendo as quendas.
O horario de Biblioteca é o seguinte:

- 3 anos A: luns, 9.50-10.40
- 3 anos B: xoves, 9-9.50 horas.
- 4 anos A: luns, 12.20-13.10 horas.
- 4 anos B: mércores, 10.40-11.30 horas.
- 5 anos A: venres, 9-9.50 horas.
- 5 anos B: venres, 9.50-10.40 horas.
Temos algunha hora máis na que a biblioteca está libre, así que comentadeo coas mestras se o horario non vos encaixa.
Animádevos e que comecen as aventuras!!
domingo, 18 de febrero de 2018
BELAS ARTES
Os nenos e nenas de 4 anos fixemos unha visita ao museo de Belas Artes.
Vimos e analizamos obras de diferentes autores: unha escultura, varios retratos, paisaxes e o cadro máis grande do museo.
Explicáronnos os materias necesarios para facer unha talla de madeira e un lenzo.
E mesmo nos vestiron como unha das raiñas dos retratos...
Finalmente déronnos unhas máscaras para pintar que levamos para a casa.
Todas as obras tiñan unha interesante historia, seguro que ainda nos acordamos delas.
Animádevos a ir ao museo cos vosos fill@s porque serán uns estupend@s guías!
jueves, 15 de febrero de 2018
TEATRO: A NENA E O GRILO
miércoles, 14 de febrero de 2018
ENTROIDO 2018
Que semana de festa tivemos no Wences!!
E non era para menos, estabamos na semana do Entroido e notábase a troula en cada esquina!!
O luns convertémonos en indios, o martes en paiasos, e o mércores en Amanda Panda (a nosa mascota de inglés).
O xoves o cole encheuse de súper heroes, princesas, animaliños... un patio do máis colorido!!
E o venres, a pesares do tempo que non acompañou, todo o cole disfrazámonos seguindo a temática escollida no proxecto deste ano: a pintura.
Os peques foron uns pintores con moito traballo pola cantidade de obras coas que desfilamos polo patio!!
Pasámolo xenial!!
Grazas por acompañarnos!!
Entroido 18 on PhotoPeach
Venres de Entroido 18 on PhotoPeach

lunes, 12 de febrero de 2018
XORNADAS DE PORTAS ABERTAS
O periodo de presentación de solicitude de admisión nos centros está preto (1 ao 20 de marzo) e para ter unha mellor información sobre o centro que escoller animámosvos a visitar o cole.
As xornadas de portas abertas serán os luns 5 e luns 12 de marzo ás 16.30 horas.
Esperámosvos!!
viernes, 9 de febrero de 2018
DESFILE NO PATIO
Lamentamos comunicar que a saída de Entroido polo barrio queda suspendida pero faremos o desfile polo patio.
Que a chuvia non impida troulear no Entroido!!!
Esperámosvos a todos!!!
Que a chuvia non impida troulear no Entroido!!!
Esperámosvos a todos!!!
jueves, 8 de febrero de 2018
martes, 6 de febrero de 2018
viernes, 2 de febrero de 2018
INVERNO E DÍA DA PAZ 2018
Que bonito temos xa o cole!!
Coa chegada do inverno fixemos este mural tan chulo no que colaboraron os nenos de 3 e 4 anos:
Os cabaliños e as xirafiñas tamén convertéronse en bonecos de neve moi simpáticos que agora adornan o corredor:
Para conmemorar o día da Paz enchemos o corredor de pombas brancas :
...e algún que outro cartel e manualidade:
O día 30 de xaneiro celébrase o día da Paz, e no cole disfrutamos dun rico chocolate con churros e celebramos un mercadillo benéfico.
Gracias á soliedariedade de todos a recadación total foi de 1837,40 euros.
GRAZAS A TODAS AS FAMILIAS POLA VOSA COLABORACIÓN!

Suscribirse a:
Entradas (Atom)