Canto disfrutamos!!!
miércoles, 30 de mayo de 2018
MAR DE PLÁSTICO EN MARÍA PITA
E chegou o gran día...
Canto disfrutamos!!!
Ademais , como seguro que xa sabedes, varios medios recolleron a noticia: La Voz de Galicia, El Ideal Gallego, La opinión, Cope...
Canto disfrutamos!!!
lunes, 28 de mayo de 2018
CONTOS CON MIMO: O PAPÁ DE DANIELA
viernes, 25 de mayo de 2018
ANIVERSARIOS DE MAIO
miércoles, 23 de mayo de 2018
FESTIVAL DAS LETRAS GALEGAS 2018
O pasado venres, 18 de maio, celebramos no cole o festival das Letras Galegas. Durante semanas ensaiamos moito para poder facer unhas actuacións tan chulas como estas:
Xenial, verdade??
Ademais de facer estas actuacións de auténticos artistas traballamos en torno a autora homenaxeada este ano: Mª Victoria Moreno.
Aproveitamos o festival para facer entrega dos agasaios para as nenas e nenos gañadores do concurso de marcapáxinas. Noraboa a todos!!
Seguimos traballando para que todos os días sexan os días das nosas letras!!

Despois de moito recoller, cortar e ensamblar bolsas e máis bolsas temos o noso hinchable. Houbo que ter moita paciencia para tapar buratos e encintar as centros de bolsas que recollimos pero cremos que valeu a pena.
O vindeiro martes 29 de maio farase unha instalación na Praza de María Pita cos traballos dos centros participantes. Nun primeiro turno irán o CEIP Ramón de la Sagra e CEIP Rosalía de Castro.
A nós conrrespóndenos o segundo turno xunto co CEIP Emilia Pardo Bazán, de 11: 45 a 12:30 h.
Os nen@s irán acompañados por todo o profesorado de infantil e deberán estar sempre con nós e co alumnado do Grado de Educación Infantil da UDC.
Pero podedes ir ata alí e ver como disfrutan entrando nos hinchables e manteando as pelotas e estructruras pequenas que fixemos ...!

domingo, 20 de mayo de 2018
TRABALLOS DE PRIMAVERA
viernes, 18 de mayo de 2018
PROBLEMA DE VISUALIZACIÓN DAS PRESENTACIÓNS
Sabemos que estades tendo problemas para visualizar as presentacións de fotos, é un problema co plugging do "Flash".
Por defecto os navegadores bloquean estas presentacións e tedes que permitir axecutarla.
Como??
Tal e como vedes na imaxe, no icono diante da dirección pinchades e activades o Flash. Se non aparece a opción do Flash na primeira ventana, aparece na "Configuración".
Logo so tedes que voltar a cargar a páxina e listo!!
Esperamos que esta información vos axude.
Aproveitamos para recordarvos que para poder publicar os vosos comentarios tedes que identificarvos. Moitas grazas!!

miércoles, 16 de mayo de 2018
CABALIÑOS E XIRAFIÑAS EN SANTA MARGARITA
Os peques do cole saímos de excursión a visitar o parque de Santa Margarita.
Da man de Cascanueces, un trasno moi traballador que mantén o parque limpo e ordenado, descubrimos distintos traballos que hai que realizar nel para que estea así de chulo.
Recollimos e clasificamos basura, convertémonos en prantiñas que medraban e medraban, descobrimos distintos obxectos relacionados co tempo meteorolóxico, recollimos elementos da natureza cos que creamos arte...
Como vedes unha mañana moi atarefada!!

DÍA DA FAMILIA
Para conmemorar o Día da Familia todos os nenos e nenas de educación infantil do cole fixemos unhas galletiñas moi saborosas.
Levan azucre, fariña, margarina e, sobre todo, moitísimo cariño.
Esperamos que todas as familias degustedes as vosas galletas coa mesma emoción que puxeron os vosos fillos e fillas para facelas ...
...bo proveito e feliz día!

martes, 15 de mayo de 2018
SEMENTES DE PRIMAVERA
O equipo da natureza do cole deixounos nas clases hai uns días unhas sementes moi coñecidas, pipas de xirasol.
Investigamos porque esta flor recibe este nome, movémonos imitando os seus xiros cara o Sol, vimos videos e fotos desta pranta tan grande e finalmente prantamos as sementes nos nosos vasiños de iogur.
En un par de días xa estamos vendo resultados!!
En un par de días xa estamos vendo resultados!!
lunes, 14 de mayo de 2018
ENVIAMOS UNHA CARTA
Os de 5 saimos do cole o pasado venres para levar unha carta moi especial á caixa de correos. Entusiasmounos esta actividade proposta polas profes de inglés, practicamos vocabulario e experimentamos a sensación de facer algo especial con moito cariño ...agora todos atentos nos vosos domicilios ... chegará a destino?
domingo, 13 de mayo de 2018
CONCURSO DE MARCAPÁXINAS 2018
Este ano o tema elixido para elaborar os nosos marcapáxinas foi o que estamos a traballar ao longo de todo o curso a través da biblioteca do cole: "A PINTURA"
O equipo de profes xurado tivémolo moi difícil para elixir un só por cada aula. Estes son os gañadores desta edición aos que homenaxearemos no vindeiro festival das LETRAS GALEGAS 2018:
Gañadores infantil/primaria |
Gañadores infantil |
Gañadores primaria |
miércoles, 9 de mayo de 2018
SUSPENDIDA ACTIVIDADE "CAMIÑO ESCOLAR SEGURO"
Por indisposición da persoa encargada da actividade no puidemos realizala hoxe como estaba previsto cos nenos/as de 5 anos. Quedamos á espera.
viernes, 4 de mayo de 2018
BOMBEIROS
Os nenos e nenas de 4 anos visitamos o Parque de Bombeiros de A Coruña. Xa non esqueceremos o 080... o número dos bombeiros!
Non podedes imaxinar canto disfrutaron
Non podedes imaxinar canto disfrutaron
Suscribirse a:
Entradas (Atom)