Graciñas María!
martes, 30 de abril de 2019
CONTOS NA LAREIRA: LOS LOBOS QUE VINIERON A CENAR
Etiquetas:
animación á lectura,
Contos na lareira
sábado, 27 de abril de 2019
EN MEMORIA DE YOEL
O venres tivemos un sinxelo e moi emotivo acto de lembranza cara un compañeiro do cole falecido recentemente. Antes de facer o recreo habitual xuntámonos no patio para gardar un minuto de silencio seguido de un minuto de aplausos. Despois do patio os seus compis de 1º de primaria plantaron unha árbore na súa honra na entrada do cole.
Toda a comunidade educativa lamentamos profundamente a súa perda.
CONTOS NA LAREIRA: A PRINCESA PRIMOROSA
Etiquetas:
animación á lectura,
Contos na lareira
PARABÉNS ANTÓN
Co mes de Abril a piques de rematar celebramos o cumple de Antón, que é o único peque que cumpliu anos neste mes.
Parabéns pequerrecho!!
Puxémonos coma pepes coa torta que nos trouxo, estaba boísima!!
Parabéns pequerrecho!!
jueves, 25 de abril de 2019
"HISTORIA DE UN CALCETÍN"
viernes, 12 de abril de 2019
EASTER EGG HUNT
Á RICA ESPINACA!!
Como xa sabedes, no cole temos un horto ben chulo e que ademais ten un producto ecolóxico e ben bo!!
Foi tempo de recolleita e puxémonos as botas no patio comendo as follas de espinacas máis tenras, case non chegan as casas das nenas e nenos de 5 anos!!!
Preguntádelles aos peques porque foron moitos os que quixeron probalas e repetiron!!
Isto si que é cociña de proximidade, verdade?? Probástelas??

IMOS DE CONCERTO: RAÍCES
As nenas e nenos de 4 e 5 anos achegámonos esta semana ata o Palacio da Ópera para gozar con "Raíces", un espectáculo ao ritmo de África.
Descubrimos varios instrumentos tradicionais, bailes, sons... o pasamos moi ben!!
Se queredes volver a disfrutar lo espectáculo podedes repetir experiencia en familia xa que farán outro pase o sábado.
Que vos parece o plan??

lunes, 8 de abril de 2019
A VOLTAS COS PIOLLOS!!
Voltamos a ter inquilinos nas nosas cabeciñas así que lembrámosvos que unha vez detectados piollos é necesario:
- Aplicar un tratamento axeitado.
- PEINAR A DIARIO DURANTE UN PAR DE SEMANAS CON UNHA LENDRERA porque soen quedar ovos que eclosionan días despois do tratamento.
- Lavar a temperatura alta roupa de cama, toallas, gomas do pelo, lazos, gorros, etc porque do contrario poden telos de novo ou pasalos a outros membros da familia.
- O piollo non sobrevive máis de 48h fora do cabelo, así que se metemos en bolsas herméticamete cerradas calquera obxecto susceptible de ter piollos, morrerán nese período de tempo.
domingo, 7 de abril de 2019
VISITA A SANTA MARGARITA
O día 3 deste mes de abril os nenos e nenas das dúas aulas de 3 anos visitamos o parque de Santa Margarita.
Alí nos esperaba un trasniño que vive no parque para contarnos como coidalo, como mantelo limpo e que cousas podemos facer alí para pasalo ben. Tamén nos levou a casa onde vive.
A nosa primeira saída foi moi divertida.´

Suscribirse a:
Entradas (Atom)