lunes, 27 de mayo de 2019

FESTIVAL DAS LETRAS GALEGAS 2019

O pasado venres desfrutamos das actuacións que cada clase preparou en homenaxe ao noso idioma galego. 

3 anos A "Primavera de Vivaldi"


3 anos B "O casamento do piollo e a pulga"
4 anos "Crocodilo namorado"
5 anos "Adios ríos, adios fontes"

Ademais os gañadores do concurso de marcapáxinas recibiron os seus agasallos. NORABOA!


Aquí podedes ver todas as actuacións deste fantástico festival:




jueves, 23 de mayo de 2019

ESCORNABOT

Iniciando aos nosos alumn@s na robótica comezamos "xogando" co escornabot.

Temos que programalo e darlle as indicacións para que chegue a determinada casilla, ademais así estamos a traballar tamén conceptos de orientación, lateralidade, lóxica, numeración, lectura, reciclaxe, .... (todo o que se poda imaxinar) dun xeito lúdico e motivador.

CONCURSO MARCAPÁXINAS 2019

Desta volta o noso tema é "o son" que quedou plasmado de diversas formas nos nosos vistosas marcapáxinas.
Podedes velos á entrada do cole: os gañadores e 5 anos no edificio principal e os de 3 e 4 anos no de infantil.



GAÑADORES:
3 A.- Martín
3 B.- Eyad
4 A.- Paula
4 B.- Hugo
5 A.- Lucas (gañador tamén na categoría infantil)
5 B.- Daniela
Entregaremos os premios no festival das letras o vindeiro 24 de maio.

Noraboa a todos os participantes!

viernes, 17 de mayo de 2019

CASA DE PICASSO

Os de 5 fomos visitar a casa museo na que vivíu Picasso na súa estancia en Coruña. 
Pintamos o noso propio Guernica, escoitamos e interactuamos na historia que nos contaron e estivemos nas estancias nas que o artista comeu, durmíu ou, por suposto, pintou. 
Grande experiencia.

FESTIVAL DAS LETRAS GALEGAS

O vendeiro 24 teremos os festivais de conmemoración das letras no cole, estamos a facer os ensaios previos con moita ilusión.
Ademais temos traballado moito nas aulas en torno á figura do homenaxeado este ano Antón Fraguas, seguro que tedes escoitado na casa falar del.
Se queredes información podedes consultar premendo no enlace:
antón fraguas

jueves, 16 de mayo de 2019

PLANTAMOS

Coa primavera chega o tempo de recolleita e de plantar os novos cultivos e no noso cole estamos a facelo por todas partes: nas aulas, no horto, no xardín,... así participamos do proceso e aprendemos experimentando.

Probamos as espinacas e os chícharos que os compañeiros de primaria cultivaron:



E plantamos fresas, tomates, xudías, cenorias, leitugas, xirasois,...


VISITAMOS AOS BOMBEIROS

As nenas e nenos de 4 anos fixemos esta semana unha saída para coñecer o parque de bombeiros de A Coruña.

Alí recibironnos varios bombeiros que ensinaronnos o parque, os camións, os distintos aparellos que usan no seu traballo...

Tamén faláronnos das distintas labores que eles desempeñan e como temos que actuar nós ante unha emerxencia, ata aprendimos unha canción para recordar o teléfono dos bombeiros!

O pasamos moi ben e aprendimos moitas cousas!!

  

COCADAS PARA A FAMILIA

Para commemorar o Día da familia, este 15 de maio, todas as nenas e nenos de infantil nos puxémonos mans á obra para elaborar unhas deliciosas cocadas para degustar en familia.

Agardamos que vos gusten!!

3 anos A

3 anos B
4 anos A
4 anos B


5 anos A

5 anos B

MOITAS FELICIDADES A TODAS AS FAMILIAS!

domingo, 12 de mayo de 2019

CONTOS NA LAREIRA: LA PEQUEÑA AMELIA SE HACE MAYOR

Nesta sesión de contos na lareira foi Diana, mamá de Daniel Novo da aula de 3anos "B"a que nos agasallou con dous contos " La pequeña Amelia se hace mayor" e outro que xa coñecemos pero que sempre nos encantan volver a escoitar "El Monstruo de colores".
Grazas por facernos pasar un ratiño tan bo.

miércoles, 8 de mayo de 2019

IOGA NAS AULAS

Ao longo do presente curso académico un grande grupo de profes do cole (entre eles o equipo de infantil case ao completo) estamos a formarnos e profundizar nos nosos coñecementos sobre o ioga e o mindfulness, dúas correntes de pensamento que están a dar un xiro á educación actual.
Seguramente xa tedes oído falar na casa da importancia da respiración para relaxarnos ou de algunhas das asanas que practicamos nas clases.
Unha das profes da nosa formación, Santidhara, pasou polas nosas aulas para facer unha sesión  de práctica.



Outra das actividades que gustannos moito facer durante o ratiño que adicamos a volta a calma tras o recreo son as masaxes. Xa vedes o entregados que estamos!