Hoxe celebramos o día adicado a esta importante figura das nosas letras. Traballamos nas aulas diferentes poemiñas debuxándoos e mesmo recitándoos. Ahí vai unha mostra, teredes na web do cole traballos dos maiores tamén.
5 anos |

Desta volta temos a Paula en 5ºB e a Cristina en 6ºB do 3º curso do Grao en Educación Infantil facendo as súas prácticas connosco. Estarán nas nosas aulas durante un mes.
A vindeira semana celebraremos o entroido no Wences como merece ... cada día teremos unha manda, así que moi atent@s.
Neste enlace podedes ver á nosa mascota da biblioteca xunto coa mascota do horto invitándonos á troula:
FANTASMÓN E TÍA PURA PRESENTAN O ENTROIDO NO WENCES
Así que preparade os disfraces!!
Hoxe especialmente fixemos referencia á parte feminina da ciencia nomeando a Margarita del Val coma rostro visible que aparece estes días con frecuencia nos medios.
Anticipándonos á semana de Entroido, os nenos e nenas de 5º de infantil comezamos a coñecer distintas maneiras de celebrar o Entroido en Galicia, e unha delas é como se visten nesas datas "madamas e galáns" en Cobres (Pontevedra).
Aquí vos presentamos o guap@s que están co gorro que fixemos "semellando" ao que levan en Cobres.