lunes, 29 de marzo de 2021

HAPPY EASTER

 Coas profes de inglés estivemos a traballar estes días o tema EASTER. Fixemos EASTER EGGS e EASTER BUNNIES, contamos contos e cantamos cancións, ...seguro que más de un/unha vos dixo ao chegar á casa: "HAPPY EASTER", pois iso mesmo vos desexamos teacher Isa, teacher Lauren e teacher Rosa.

3 anos

4 anos

5 anos

A PROFE LAUREN CONTOU UN CONTO EN 5 ANOS


lunes, 22 de marzo de 2021

DÍA DA ÁRBORE E DA POESÍA

Coa chegada da Primavera, aproveitamos que o día 21 de marzo tamén se celebrou o día da poesía e da árbore.

  Nós fixémolo hoxe no cole:

o noso horto xa está a dar os seus froitos

5º B abrazou unha árbore do noso patio

Fixéronse lecturas de poemas, no xardín e máis nas aulas, e os nenos e nenas de 6ºB buscaron o bidueiro para ler o seu QR

Unha bonita xornada cun día ben soleado!!!











domingo, 14 de marzo de 2021

SEMANA DA PRENSA

 A semana do 8 ao 12 de Marzo celebramos a SEMANA DA PRENSA. Dende a Biblioteca do colexio aportáronse diferentes xornais para o seu uso.

Nas aulas de infantil aproveitamos esta semana para coñecer un xornal como medio de información (seccións no que está dividido, noticias máis importantes, formato, tipo de papel, cor...) e para outros usos, como manualidades (rasgado, recortado, collage...) ou actividades psicomotrices (xornais musicais, xogo libre, ..)

A continuación mostramos algúns traballos que se fixeron durante estes días.



lunes, 8 de marzo de 2021

DÍA DA MULLER 2021

 Unha lembranza para todas as mulleres neste día: as presentes e as pasadas, as pioneiras, as importantes nas nosas vidas, ... para TODAS. Traballamos nas aulas desde a importancia da IGUALDADE.





viernes, 5 de marzo de 2021

PINGÜÍNS EN 4 ANOS


 O alumnado das clases de 4 anos vimos de traballar un animal de clima frío. Despois de documentarnos e ver as posibilidades fixemos ambas votación en ambas clases nas que coincidiu a maioría: quisieron saber máis sobre dos pingüíns.

Así que miramos libros, vídeos, escoitamos cancións e, sobre todo, aprendimos cousas que non sabiamos antes. Seguro que xa vos contaron unha morea de cousas.





                                   

              





De seguido traballaremos uns animais máis próximos: "gatos" en 4 anos A e "cans" en 4 anos B ...xa vos contaremos

DÍA DA ILUSTRACIÓN

 Dende o Equipo de Biblioteca do centro convocouse un concurso para destacar a importancia que teñen as ilustracións nos nosos libros e contos, sen elas de seguro que non serían o mesmo. 

O pasado 30 de xaneiro adicouse aos ilustradores e ilustradoras, e nós mesmos fixemos as portadas dos nosos libros favoritos, sentíndonos por un día coma eses profesionais.

Elixíuse un gañador/a por nivel que hoxe levou o seu agasallo:


ISMAEL 3 anos
 
  LUCAS 4 anos

VICTORIA 5 anos
      
Parabéns a tod@s polos bonitos traballos realizados!