viernes, 29 de octubre de 2021

SAMAÍN 2021

 Non houbo disfraces pero si cor e balbordo por todo o cole ...feliz samaín!


Deixamos o enlace á páxina web do cole onde podedes ver todo o que se traballou estes días para telo ben ambientado:



HALLOWEEN

 Aínda que na escola fundamentalmente festexamos Samaín, que é da nosa tradición, as profes de inglés non poden deixar de falar do HALLOWEEN anglosaxón. Teacher Isa, teacher Nuria e Teacher Aimee (auxiliar de conversa adxudicada este curso ao noso centro) faláronnos desta festividade que xa tod@s coñeciamos dabondo. 

Fixemos manualidades, cantamos cancións, aprendemos palabras significativas en inglés e vimos vídeos relativos ao tema nestes días previos:

4º infantil






5º infantil





6º infantil

miércoles, 27 de octubre de 2021

ARCHIMBOLDO EN 5 ANOS

Aproveitando cousas de outono que tiñamos pola clase fixemos unha versión semellando os cadros que este artista pintou na súa vida.  Que facía? utilizar elementos como froitas e vexetais para compoñer retratos. Así que, despois de observar e comentar en grupo, puxémonos  mans á obra. Quedaron uns retratos moi da estación do ano na que estamos:







lunes, 25 de octubre de 2021

Nosos primeiros días...

Os máis peques do cole comezaron a súa andaina polo Wenceslao. Coñecemos o cole, xogamos nos diferentes patios cos xoguetes (sin esquecer que ao rematar temos que desinfectalos), descubrimos as nosas emocións co "Monstro de Cores"!!!










viernes, 22 de octubre de 2021

DÍA DA BIBLIOTECA

 O 24 de outubro conmemórase o día da biblioteca. Nas aulas de infantil celebrámolo hoxe venres por adiantado co conto : "El secreto" e @s alumn@s levaron o seu .....sabedes cal é?


Ademais recitamos unha poesía que nos pareceu moi divertida: os pequenos máis curtiña e os maiores máis longa.









jueves, 21 de octubre de 2021

DÍA DO AFORRO DA ENERXÍA

 Esta mañá todo o cole fixemos algo ao tempo: un minuto de apagón. Fíxemolo para concienciar da importancia de facer un consumo responsable da enerxía. De seguro que algún rapaz/a apagou hoxe na casa unha luz que non precisaba estar prendida