Rematamos o primeiro trimestre cun día cheo de emocións: a carta aos Reis Magos, a festa, as panxoliñas, os xogos c@s compañeir@s...
Mostrámosvos actividades que se fixeron neste tempo e, algunhas, coa vosa colaboración.
BO NADAL!!!
Rematamos o primeiro trimestre cun día cheo de emocións: a carta aos Reis Magos, a festa, as panxoliñas, os xogos c@s compañeir@s...
Mostrámosvos actividades que se fixeron neste tempo e, algunhas, coa vosa colaboración.
BO NADAL!!!
Un ano máis temos que presentarvos a nosa actuación navideña de xeito virtual, pero non por iso fainos menos ilusión. Preparamos con cariño e emoción este villancico que de seguro xa tedes escoitado pola casa, non si?
PARABÉNS PARA TOD@S @S NOS@S ARTISTAS!
NOTA: na páxina web do cole tedes as actuacións tamén de primaria
Coas teachers Nuria e Isa tamén aprendemos "Santa":
O MARTES 21 DE DECEMBRO REMATAMOS O 1º TRIMESTRE DESTE CURSO, TEREMOS UN TEMPO DE DESCANSO COAS VACACIÓNS DE NADAL.
PARA FACER UNHA FESTA NA CLASE, COAS MEDIDAS SANITARIAS PERTINENTES, DEBEN TRAER COMIDA NAVIDEÑA PARA TOMAR NA MERENDA DE FORMA INDIVIDUAL, GRAZAS
Velaí os traballos que fixemos nas clases de inglés estes días para traballar o tema CHRISTMAS:
3 ANOS
Hoxe atopamos unha estupenda sorpresa cando fomos ao patio: tiñamos instalado un rocódromo nun dos muros do patio exterior. Xa pasamos todas as aulas a probalo e ENCANTOUNOS!!!
Agradecemos ao grupo de profes do cole que está a traballar nun Proxecto de Formación para que os nosos patios sexan máis dinámicos, integradores e agradables posible.
Ante estes días de descanso pola ponte da Constitución, pedimos a vosa colaboración para decorar unha bola de nadal por alumn@ para ambientar posteriormente as nosas aulas, De seguro que desfrutarán de un tempiño facendo manualidades con vós. Podedes empregar calquera técnica: colorear, pegar, estampar, ...evitando que o resultado teña moito peso, xa que serán para colgar. Finalmente recortádea e traedea de volta ao cole cando estea feita. Graciñas!!
Levamos varias semanas traballando o outono no cole. Experimentamos como cambia a paisaxe nesta estación: as folliñas, as cores... como cambia o tempo, coa roupa e calzado que precisamos; as comidas e as festas típicas que se celebran nesta estación do ano.
Todo esto abordámolo nas aulas con diferentes actividades e poñendo moito interese!!! Presentamos, a continuación, algunhas delas:
4 ANOS