Hoxe, 30 de Xaneiro, celebramos o DÍA DA PAZ.
Durante esta semana recalcamos nas nosas aulas os valores de tolerancia, respecto, solidariedade, igualdade...todos eles valores que fomenta a cultura da paz e da non violencia e que perduran como obxectivos ao longo do curso, pero que nesta data fanse de maneira máis visible.
Toda a semana levamos a cabo diversas actividades con relación a esta conmemoración, algunha proposta polo Equipo de Actividades Extraescolares e Complementarias do centro e outras propias das nosas aulas.
Presentámosvos unha mostra delas.
FELIZ DÍA DA PAZ!!!