miércoles, 30 de marzo de 2022

CONCURSO DÍA DA ILUSTRACIÓN

 Vimos de recibir os premios @s gañador@s do concurso convocado polo Equipo de Biblioteca do cole co gallo do Día da Ilustración o pasado 30 de xaneiro. Fantasmón fixo entrega polas aulas.

Desta volta foron:

4ºA infantil.- CLAUDIA
4ºB infantil.- IVANNA
5ºA infantil.- DANI
5ºB infantil.- LÍA
6ºA infantil.- DANIEL (GAÑADOR DE INFANTIL)
6ºB infantil.- NAIA

PARABÉNS A TOD@S @S PARTICIPANTES, GAÑADORES OU NON!

viernes, 25 de marzo de 2022

AS ÁRBORES DO WENCESLAO

 Para conmemorar o día da árbore do pasado 21 de marzo, o Equipo de Actividades Complementarias e Extraescolares propuxo saír ao xardín coas tablets para ler os códigos QR que contiñan información sobre varias das árbores que temos no cole. 









MUSEO AO AIRE LIBRE

 Ao fin chegou o día! @s de 6º estabamos agardándoo ansios@s. Xa nos tardaba poder saír do cole, ir en bus e facer unha actividade fora. Desta volta foi nos Xardíns de Méndez Núñez, onde @s monitor@s do Concello tiñan preparados 4 xogos cos que desfrutamos e aprendemos cousas interesantes da nosa cidade.

De seguro que xa vos contaron moito.




martes, 22 de marzo de 2022

21 DE MARZO

 Hoxe, 21 de marzo, conmemoramos no noso cole o DÍA MUNDIAL DO SÍNDROME DE DOWN co obxectivo de sensibilizar e concienciar ao noso alumnado sobre a realidade das persoas con esta discapacidade intelectual. Estes ABRAZOS simbolizan o noso apoio:



E tamén festexamos o DÍA DA ÁRBORE, data para lembrar a necesidade de protexer as árbores e tomar conciencia da importancia do coidado e conservación dos bosques.




viernes, 11 de marzo de 2022

SEMANA DA PRENSA

Ao longo desta semana traballamos nas aulas de xeito máis consciente coa prensa escrita: os xornais. Dende mirar onde está o nome, ver que noticias podemos atopar ou que partes forman a prensa periódica, que tipo de letra leva un titular ou se hai moitas/poucas imaxes, .... temos unha morea de actividades. 

Na clase de PSICOMOTRICIDADE tamén nos unimos a esta iniciativa, e é que o xornal dá para moito!











martes, 8 de marzo de 2022

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

 O día 8 de marzo, día Internacional das Mulleres, é a data sinalada para reflexionar e visibilizar os dereitos das mulleres.

A educación pola igualdade debe ser un pilar fundamental sobre o que asentar a educación de todos os nenos/as. Debemos "ir da man" familia-escola para fomentar os valores de educación en igualdade nos que debemos seguir avanzando.

Presentámosvos algunhas actividades que fixemos para este día