jueves, 19 de mayo de 2022
ANTIGOS COSTUMES
O Equipo de EDLG do cole propuxo unha actividade ás familias para contar, en galego, algún antigo costume que adoitabamos facer hai tempo e vanse perdendo nos tempos actuais. Na páxina web do cole podedes ver todas as participacións, deixamos aquí as dos compis de infantil. MOITAS GRAZAS ÁS FAMILIAS PARTICIPANTES!!!!
martes, 17 de mayo de 2022
LETRAS GALEGAS 2022
Estamos a falar de Florencio Delgado Gurriagán, poeta homenaxeado nesta edición.
E deixamos esta canción de Uxía Lambona especial para o día de hoxe, agardamos que vos guste:
sábado, 14 de mayo de 2022
DÍA DA FAMILIA
O 15 de maio de cada ano celébrase O DÍA INTERNACIONAL DAS FAMILIAS coa fin de concienciar sobre a importancia da familia na educación e formación dos nenos/as dende a primeira infancia e amosar e respectar a diversidade de familias que existen na nosa sociedade.
Para este día traballamos co conto "UN PUÑADO DE BOTONES" (poderes ver o vídeo abaixo) e coidamos unha plantiña de amorodo que levan para seguir recibindo eses "mimos" que necesita, en familia.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)