viernes, 30 de septiembre de 2022

POLO PEPE EN LINGUA DE SIGNOS

 Estaba programado un contactos para a semana pasada pero houbo que adialo ata hoxe. Esta mañá o alumnado de 5º e 6º infantil desfrutou no salón de actos, e os de 4º na aula, da destreza de 2 compañeiras de 6º de primaria que interpretaron este conto que tanto nos gusta, EL POLLO PEPE:

Ademais ensinaron nomes de animais e outras palabras en lingua de signos e tod@s participamos entusiasmad@s.

Grazas Claudia e Laura pola vosa implicación!




jueves, 29 de septiembre de 2022

DÍA INTERNACIONAL DE CONCIENCIA SOBRE A PÉRDIDA E O DESPERDICIO ALIMENTARIO

 Hoxe nas aulas falamos deste tema tan importante e actual. Debemos concienciarnos tod@s da importancia de non desperdiciar comida e tentar producir o menor volume de lixo posible.

miércoles, 28 de septiembre de 2022

CLASE 5º A

 Primeiro día na aula de 4 anos A





viernes, 23 de septiembre de 2022

DÍA INTERNACIONAL DA LINGUA DE SIGNOS


 Nas aulas esta mañá falamos das persoas que non poden comunicarse con palabras de forma oral e utilizan outra forma como é a lingua de signos. Fixemos algunha práctica e vimos como facían nalgún vídeo con contos e cancións. É divertido poder falar coas mans!



4º B


6º A

6º A

6º B


6º B


jueves, 22 de septiembre de 2022

CLASE 6º A

 Disfrutando do patio os primeiros días de cole



CLASE 6º B

Estes primeiros dias de curso estamos a aproveitar os patios chios de luz e sol

 




miércoles, 21 de septiembre de 2022

PERÍODO DE ADAPTACIÓN, 4º INFANTIL

 Os rapaces e rapazas de 4º xa estamos a adaptarnos a novos espazos, novas profes, novos compis, ... todo novo! Con maior ou menor dificuldade, debemos respeitar os ritmos de cadaquén para que o proceso resulte o máis sinxelo e agradable posible. Seguimos ...

na aula facemos un montón de actividades con diversas profes

no patio xogamos e compartimos xoguetes

e nas mesas temos tamén diferentes propostas


OLLO CO PIOLLO!

Comeza este curso de volta á normalidade e volta tamén a temas coma o dos "inquilinos das cabezas". Agora que xa non hai grupos burbulla e nos mesturamos uns con outros, os contaxios de piollos están á orde do día. 

Polo tanto pregamos que revisedes cabezas de cando en vez e que tomedes a medidas oportunas de ter detectado  algún, para non espallalos polo cole a outros compis. 

Grazas pola vosa colaboración.



martes, 20 de septiembre de 2022

PROFES EN PRÁCTICAS

 De seguro que estaredes a oir falar estes días de Cris, Claudia ou Juan. Son profes en prácticas da UDC que estarán connosco ata nadal. Tod@s aprenderemos moito, uns de outros, así que para nós, as profes, é un auténtico pracer que teñades escollido o Wences para rematar a vosa formación.

CLASE 3ºA, Juan con Teresa

CLASE 3ºB, Cristina con Rosa

CLASE 4ºA, Iara con Pilar

CLASE 4ºB, Nuria con María

CLASE 5ºA, Noelia con Rebeca

CLASE 5ºB, Claudia con Paula



domingo, 18 de septiembre de 2022

CLASE 5ºB

Comezamos con festa de aniversario ... así da gusto comenzar!








 

BENVIDA AO CURSO 2022/2023

Aínda que con un pouco de retraso, non queremos deixar pasar este inicio de curso e queremos dar a BENVIDA a todos e todas: @s que xa estabamos en anos pasados por aquí e @s que comenzamos este curso no WENCES. 

Iremos publicando fotos destes primeiros días de reencontros, novidades, e sobre todo diversas EMOCIÓNS, en canto vaiamos tendo as autorizacións de imaxe debidamente cubertas.

Agardamos ter un curso cheo de boas experiencias, novas aprendizaxes e moitas aventuras por descobrir. COMEZAMOS...