lunes, 31 de octubre de 2022
HALLOWEEN
sábado, 29 de octubre de 2022
O SAMAÍN
Como todos os anos nestas datas celebramos a FESTA DO SAMÍN, unha festa celta que conmemora o cambio de estación do verán ao inverno.
No cole, retomamos as actividades que non se puideron levar a cabo estes anos anteriores e que as fixemos con moitas gañas e ilusión! Foron moi variadas: contacontos, cancións, bailes, decoración de cabazas coa exposición delas e visita polos corredores, manualidades...
Presentámosvos a continuación unha mostra delas
lunes, 24 de octubre de 2022
DÍA DAS BIBLIOTECAS
Conmemoramos este día indo de visita á biblioteca pública González Garcés. Alí tivemos unha sesión de contacontos, do libro "O meu bisavó", e visitamos as instalacións da parte infantil e ludoteca. Cáseque o máis divertido foi ir tod@s xunt@s no autobús!
martes, 11 de octubre de 2022
MACEDONIA DE OUTONO PARA @S PEQUECH@S DO COLE
O alumnado de 4º desfrutou esta mañá dunha actividade saborosa. Tod@s xunt@s miramos, clasificamos, observamos e nomeamos as froitas que tiñamos traído da casa. Despois pelamos mandarinas, cortamos mazás e peras e, ao final, probamos case todo. Moit@s nen@s descubriron a granada por vez primeira e as uvas foron as primeiras en esgotarse. De seguro que algo contaron xa. Ahí vai unha mostra:
jueves, 6 de octubre de 2022
DÍA DA EDUCACIÓN VIAL
Estivemos traballando sobre un tema tan importante e significativo para nós como é o da educación vial. Debemos ir atent@s cuando imos pola rúa para non ter sustos, e ser responsables cuando vaiamos no coche ou autobús. Practicamos un pouco xa ...
4º de infantil elixiu o seu sinal favorito |
O cole retomará este ano un proxecto desenvolto nos últimos cursos, antes da pandemia, para sinalizar corredores e accesos coma se fosen estradas. Estaba a dar moi bos resultados para organizar o tránsito nas zonas comunes nas que, ás veces, concurre moito alumnado.