jueves, 22 de diciembre de 2022

FELICITACIÓN DE PROFES

 


MERENDOLA NAVIDEÑA EN 4º

Para rematar ben a festa non podiamos deixar de encher o bandullo, así que antes de compartir as ricas viandas que trouxemos da casa, fixemos unha tostas con formas navideñas. Lavamos mans, eliximos formas e metemos ao forno para tostar, estaban deliciosas!! Despois comemos e comemos ata fartar!



miércoles, 21 de diciembre de 2022

FESTIVAL DE NADAL 2022

Velaquí as estelares actuacións do alumnado de infantil no noso FESTIVAL DE NADAL 2022:


 4º INFANTIL


5º INFANTIL


6º INFANTIL



FIXÉRONO DE MARABILLA, UN GUSTO PODER VOLVER COMPARTILO CON TODAS AS FAMILIAS!!!

CREACIÓNS DE NADAL

Durante estes días estivemos xogando na sesión de psico con diferentes materiais do Nadal poñendo en marcha a imaxinación, a creatividade, a paciencia, o traballo en equipo... e sobre todo as ganas de pasalo moi ben!!

Parece que isto o temos conseguido, non sí??

martes, 20 de diciembre de 2022

VISITA DE PAPÁ NOEL AO NOSO COLE

Esta mañá tivemos unha sorpresa cunha visita moi especial, así o recibimos os pequechos de 4º curso:


Marchamos moi content@s coas nosas piruletas e coa promesa de Papá Noel e a súa axudante de que algún agasallo haberá para nós!

martes, 13 de diciembre de 2022

PROFE JUAN en 4º A

 O profe Juan fixo na aula de 4ºA un proxecto sobre as distintas nacionalidades das familias da clase. Resultou que había 7 distintas. Aprendemos as súas banderas, a súa localización no mapa, as súas comidas típicas ou o seus bailes, foi unha viaxe imaxinaria do máis divertida. Mirade:



viernes, 9 de diciembre de 2022

PROFE CRIS

 @s profes en prácticas están a rematar a súa formación connosco e realizan as súas propostas de traballo. Na aula de 4ºB a profe Cris elixiu o tema das EMOCIÓNS pensando nas características do alumnado da clase, proporcionándolle estratexias de identificación e regulación a través de diferentes actividades e contos. Está a ser un éxito e de seguro que algo disto chegou ás vosas casas, aquí deixamos unha mostra: