jueves, 19 de octubre de 2023

SAMAÍN 2023

 REALIZAREMOS UNHA EXOSICIÓN DE CABAZAS OS DÍAS 30 E 31 DE OUTUBRO NOS CORREDORES DO COLE. PODEDES TRAER CABAZAS DECORADAS CO TEMA DO CINE O LUNS DÍA 30

O MARTES 31 FAREMOS UNHA FESTA TEMÁTICA NAS AULAS Á QUE PODEN TRAER ROUPA ALUSIVA AO TEMA (NON MÁSCARAS OU OBXECTOS PERIGOSOS OU QUE ASUSTEN DEMASIADO) E COMIDA TÍPICA DESTAS DATAS.

jueves, 21 de septiembre de 2023

PROFES EN PRÁCTICAS

 Chegaron profes en prácticas para todas as aulas, benvidas!!!

3 anos A.- coa profe Lidia está Ana

3 anos B.- coa profe Rebeca está Iria

4 anos A.- coa profe Teresa está Antía

4 anos B.- coa profe Rosa está Paula (xa estivo 1 mes no curso pasado)

5 anos A.- coa profe Paula está Ana

5 anos B.- coa profe María está Uxía

Compartirán e aprenderán das nosas vivencias na aula ata nadal.

sábado, 9 de septiembre de 2023

lunes, 26 de junio de 2023

FESTA FIN DE CURSO

 A derradeira xornada do curso foi ben divertida! Os xogos organizados no patio do cole non deixaron a ninguén sen sorriso, pompas, auga e alegría a chorros, velahí tedes a proba:


Todos estes xogos despois de ter merendado nas aulas á altura da celebración, non todos os días son festa!





GRADUACIÓN DE 6º

 @S COMPIS DE 6º GRADUÁRONSE! 

O VINDEIRO CURSO COMEZAN A SÚA ANDAINA NA ETAPA DE EDUCACIÓN PRIMARIA, PARABÉNS!



jueves, 15 de junio de 2023

A chapotear!!

 Esta semana, como será a última sesión de psico para moitos, aproveitamos o bo tempo para xogar coa auga!!

Pinzas, tesoiras, coladores, embudos, esponxas, xeringas... Un montón de posibilidades de xogo e descubrimento!!

O pasamos pipa e casi non tivemos "accidentes"!!

miércoles, 14 de junio de 2023

TEATRO EN INGLÉS

 Dende o Equipo de Plurilingüísmo do cole hoxe tivemos unha proposta de actuación en inglés. Cantamos, bailamos, contestamos e escoitamos un conto. A compañía MOVE ON fíxonos pasar un tempo ben divertido!





jueves, 8 de junio de 2023

EXCURSIÓN Á GRANXA O VENTOSO

 Indubidablemente un día inesquecible para toda educación infantil. Broche de ouro para este curso 22/23!


ALUMNADO 4ºA



ALUMNADO 4ºB


miércoles, 7 de junio de 2023

Semana do Medio en Psico

Aproveitando a conmemoración do luns, día do Medio, as sesións de psico tamén as adicamos a traballar sobre este tema. 

Despois de falar sobre o que podemos facer nós para coidar o noso planeta, puxemos en práctica as 3R, xogando con bolsas de papel e papel triturado. 

Nun primeiro momento houbo algunha dúbida sobre se todo "iso" servía para xogar, pero estes peques apúntanse a un bombardeo e o pasaron pipa!!! 

Parece que o de Reutilizar é moi divertido!!

lunes, 5 de junio de 2023

DÍA DO MEDIO

A través de diversas actividades relacionadas coa reciclaxe e a concienciación sobre o coidado do noso planeta, esta mañá pasamos un tempo argallando e xogando á vez que aprendendo. 



miércoles, 24 de mayo de 2023

4º EN SANTA MARGARIDA

 Dentro do programa do Concello de Rutas Urbanas, @s peques do cole fomos ao parque a facer unha serie de actividades relacionadas co coidado do medio no que vivimos. Disfrutámolas un montón e pasámolo pipa buscando ao traste trasno CASCANUECES que nos deixou alí mentres facía uns recados. 



lunes, 22 de mayo de 2023

FESTIVAL DAS LETRAS GALEGAS

 Velaí tedes as actuacións d@s nos@s artistas. Na páxina web do cole hai unha mostra de todos os cursos.

                                                               4º EI   Lúa de María Fumaça


                                           5º EI   O casamento da pulga e o piollo, popular



                                                     6º EI   Fun ao mercado, de María Fumaça


jueves, 18 de mayo de 2023

CONTACONTOS LETRAS GALEGAS

 Esta mañá Caxoto estivo no cole para contarnos cousas da vida de Francisco Fernández del Riego e algún que outro conto. Estivemos moi atent@s a todo o que nos dixo.



viernes, 12 de mayo de 2023

APRENDEMOS EDUCACIÓN VIARIA

 Esta mañá o policía local Diego estivo falando connosco sobre a importancia de cruzar polos pasos de peóns, co semáforo verde (se o hai), mirar aos lados 3 veces antes de facelo e viaxar siempre nas sillas do coche co cinto de seguridade posto.

Despois de aprendelo, velo nos vídeos e practicalo na aula, saimos á rúa para ver quen o facía ben e quen non o facía tan ben. Aos primeiros agasallámolos cunha flor. Para casa tamén levamos unha ...a quen lla deron?

Fixémolo tan ben que levamos o noso propio carné infantil de Policía Local, ...xa podedes cumprir coas normas, familias


!


sábado, 6 de mayo de 2023

APADRIÑAMENTOS LECTORES

 O alumnado máis peque do cole estivo moooi atento aos contos que lles contaron @s compis maiores.

Unha actividade chea de lectura e cariño. VIVA!!!!

                                                                                 4ºB
4ºA


jueves, 4 de mayo de 2023

VISITA AO ACUARIO

 Esta mañá @s peques do cole desfrutamos na visita á casa dos peixes. Alí estaba, por suposto, Gastón e tod@s @s seus amig@s. Estivemos moi atent@s a todas as explicacións que Miguel nos deu, grazas!



sábado, 29 de abril de 2023

DÍA NON LECTIVO

 LEMBRADE QUE O VINDEIRO DÍA 2 DE MAIO NON HAI CLASE NO NOSO COLE, XA QUE FOI DÍA AUTORIZADO COMA NON LECTIVO POLA CONSELLERÍA

viernes, 21 de abril de 2023

PLANTACIÓN

 Ao longo desta semana estivemos a preparar o noso horto. As profes pintaron unhas rodas vellas para facer unha zona diferenciada no noso patio. 

Tivemos moito traballo: houbo que levalas ao sitio, preparalas poñendo papel arredor, enchelas de terra, colocar as plantas e regalas a diario. Tamén colocamos carteis e mesmo uns espantallos para coidar as nosas plantiñas como merecen. 

Nas aulas traballamos a secuencia da plantación, as necesidades vitais e o vocabulario do tema. De seguro que medrarán axiña ...iremos vendo.



domingo, 16 de abril de 2023

NOVOS MONITORES INTERACTIVOS

 O venres tivemos un pouco de revolución nas aulas xa que viñeron instalar os novos monitores interactivos que a Consellería ven de envíar aos coles. Todas as aulas de infantil e algunhas de primaria temos estes novos aparellos que nos han axudar moito no noso día a día. En nada aprenderemos a manexalos.



PASCUA

 A través de diferentes actividades traballamos o tempo de Pascua, axudados pola tradición inglesa coas profes Mei, Isa e Nuria e tamén adaptando actividades de psico coa profe Ana ou na clase coas titoras ... todas a unha!






EASTER EGGS


TRABALLAMOS COMA MEISEL

Despois de traballar no obradoiro na clase con Laura sobre a fotografía de Meisel e ter vista a súa exposición, tocounos a nós ser fotógrafos e fotógrafas no xardín do noso cole. 
Primeiro fomos velo, exploralo e buscar algo que querer fotografar. Cadaquén escolleu: unha flor, unha árbore, un compi, ... e logo, tablets en man e coa axuda das profes, realizamos a nosas fotografías. Aprendemos que a Meisel lle gustaba moito facer fotos de xente en movemento, así que probamos e tamén o plasmamos en debuxos. Velahí o resultado:






O INVERNO EN 3 ANOS

 Este inverno estamos a aprender unha morea de cosas interesantes sobre o frío, o xeo, o polo norte e un animal que alí vive: o oso polar. 

Fixemos experiencias co xeo: derretelo e ver que se converte en auga, pasar a auga a xeo, darlle cor con distintas cores, trasvases...

Buscamos distintos animais do inverno agochados no arroz.

Creamos "copos de neve" con diferentes obxectos e texturas e composicións creativas coas cores do inverno. A continuación veredes que ben o pasamos!!!!

















domingo, 2 de abril de 2023

viernes, 24 de marzo de 2023

EXPOSICIÓN FOTOGRÁFICA

 Esta mañá tocoulle aos nenos e nenas de 4º a visita á exposición de Steven Meisel. Vimos algunhas fotos e vídeos e fixemos un obradoiro fotográfico posando ao ritmo de diferentes sons. 







martes, 21 de marzo de 2023

21 de marzo: MOITO QUE CELEBRAR

 Hoxe celebramos moitas cousas: DÍA DA POESÍA, DÍA DOS BOSQUES, DÍA DO SÍNDROME DOWN E CHEGADA DA PRIMAVERA. De todo falamos esta mañá no cole, agardamos que algo teña chegado á casa. Feliz día!




miércoles, 15 de marzo de 2023

SEMANA DA PRENSA

A semana pasada conmemoramos a semana da prensa así que ao longo da semana traballamos con xornais nas nosas aulas: observamos, descubrimos, recortamos, fixemos collages...


Tamén adicamos a sesión de psico a xogar con xornais. 

Xogo libre, camiños, busquedas do tesouro, pelexas de bolas de neve... e ata a relaxación coas follas!!

Parece que o pasamos moi ben, non si?

miércoles, 8 de marzo de 2023

DÍA DA MULLER

 Como todos os anos, este día, 8 de marzo conmemoramos o DÍA INTERNACIONAL DA MULLER; un día para traballar e falar da igualdade e dereitos das mulleres.

Nós quixemos facer unha pequena homenaxe a unha das moitas mulleres que forman parte da nosa vida e que levamos no corazón:



Tamén xogamos a ver que sorpresas escondía a caixa azul ( saias, coroas, bolsos, pamela, vestidos...) e a caixa rosa (ferramentas, cascos, coches, disfraces de superheroes...). Foi un momento moi divertido!!!







FELIZ DÍA DA MULLER!!!!!!

domingo, 5 de marzo de 2023

MEISEL



 Luns tivemos un obradoiro sobre este artista fotógrafo de modelos de moda. Proximamente visitaremos a súa exposición no porto da cidade. 







jueves, 23 de febrero de 2023

DÍA DE ROSALÍA



Esta mañá tivemos unha visita moi especial: a mesmísima Rosalía de Castro apareceu na aula para contarnos quen era, ensinarnos a súa casa e recitarnos algún dos seus versos. 

Tamén os alumnos/as maiores viñeron a lernos poemas de Rosalía e estivemos super atentos!!