Esta mañá tivemos unha visita moi especial: a mesmísima Rosalía de Castro apareceu na aula para contarnos quen era, ensinarnos a súa casa e recitarnos algún dos seus versos.
Tamén os alumnos/as maiores viñeron a lernos poemas de Rosalía e estivemos super atentos!!
En 4º infantil levamos unha máscara de peliqueiro para ir achegando o entroido galego e as nosas tradicións aos pequechos do cole. Elixiron o seu animal favorito e pintaron con pincel e ceras. Ían encantad@s!, e así de lind@s:
A profe Nuria está a preparar nas clases de música unha canción de entroido alusiva ao tema deste ano: o tren.
Os disfraces de cada nivel estarán relacionados cun país europeo, faremos unha especie de "Wencesraíl".
Educación infantil iremos caracterizad@s coma os tradicionais disfraces venecianos, xa que somos a parada en Italia.
O venres 17 faremos o desfile polas rúas próximas ao cole (se o tempo o permite) e cantaremos na plaza da estación a nosa canción.
Se queredes ensaiar na casa tedes información na AULA VIRTUAL do cole, no curso AULAS DO ALUMNADO, CURSO 22/23, AULA DE MÚSICA, sen necesidade de contrasinal nin usuario. Tedes que baixar ata ENTROIDO 2023:
ESTE É O TEXTO DA CANCIÓN
POR OUTRO LADO PRACTICAREMOS O RITMO DA SAMBA PARA OS NOSOS INSTRUMENTOS:
GRAZAS POLA AXUDA, pero non vos preocupados, @s maiores seguro que o fan requetebén e nós acompañamos de marabilla!
O pasado luns conmemoramos o día da paz e da non violencia no cole. Xa tiñamos traballado o tema nas aulas previamente e xuntos acordamos uns compromisos que manifestamos ante tod@s @s compis: COMPARTIR, NON PELEXAR, RESPETAR, SER AMIG@S, ...moitos bos desexos que teremos presentes no futuro. Ao final rematamos cantando e bailando.
AQUÍ TEDES O VÍDEO PUBLICADO NA PÁXINA WEB ONDE PODEDES VER O BEN QUE O PASAMOS (pinchade no seguinte título):