Esta mañá tocoulle aos nenos e nenas de 4º a visita á exposición de Steven Meisel. Vimos algunhas fotos e vídeos e fixemos un obradoiro fotográfico posando ao ritmo de diferentes sons.
viernes, 24 de marzo de 2023
martes, 21 de marzo de 2023
21 de marzo: MOITO QUE CELEBRAR
Hoxe celebramos moitas cousas: DÍA DA POESÍA, DÍA DOS BOSQUES, DÍA DO SÍNDROME DOWN E CHEGADA DA PRIMAVERA. De todo falamos esta mañá no cole, agardamos que algo teña chegado á casa. Feliz día!
miércoles, 15 de marzo de 2023
SEMANA DA PRENSA
A semana pasada conmemoramos a semana da prensa así que ao longo da semana traballamos con xornais nas nosas aulas: observamos, descubrimos, recortamos, fixemos collages...
Xogo libre, camiños, busquedas do tesouro, pelexas de bolas de neve... e ata a relaxación coas follas!!
Parece que o pasamos moi ben, non si?
miércoles, 8 de marzo de 2023
DÍA DA MULLER
Como todos os anos, este día, 8 de marzo conmemoramos o DÍA INTERNACIONAL DA MULLER; un día para traballar e falar da igualdade e dereitos das mulleres.
Nós quixemos facer unha pequena homenaxe a unha das moitas mulleres que forman parte da nosa vida e que levamos no corazón:
Tamén xogamos a ver que sorpresas escondía a caixa azul ( saias, coroas, bolsos, pamela, vestidos...) e a caixa rosa (ferramentas, cascos, coches, disfraces de superheroes...). Foi un momento moi divertido!!!
FELIZ DÍA DA MULLER!!!!!!
domingo, 5 de marzo de 2023
MEISEL
Luns tivemos un obradoiro sobre este artista fotógrafo de modelos de moda. Proximamente visitaremos a súa exposición no porto da cidade.