sábado, 29 de abril de 2023

DÍA NON LECTIVO

 LEMBRADE QUE O VINDEIRO DÍA 2 DE MAIO NON HAI CLASE NO NOSO COLE, XA QUE FOI DÍA AUTORIZADO COMA NON LECTIVO POLA CONSELLERÍA

viernes, 21 de abril de 2023

PLANTACIÓN

 Ao longo desta semana estivemos a preparar o noso horto. As profes pintaron unhas rodas vellas para facer unha zona diferenciada no noso patio. 

Tivemos moito traballo: houbo que levalas ao sitio, preparalas poñendo papel arredor, enchelas de terra, colocar as plantas e regalas a diario. Tamén colocamos carteis e mesmo uns espantallos para coidar as nosas plantiñas como merecen. 

Nas aulas traballamos a secuencia da plantación, as necesidades vitais e o vocabulario do tema. De seguro que medrarán axiña ...iremos vendo.



domingo, 16 de abril de 2023

NOVOS MONITORES INTERACTIVOS

 O venres tivemos un pouco de revolución nas aulas xa que viñeron instalar os novos monitores interactivos que a Consellería ven de envíar aos coles. Todas as aulas de infantil e algunhas de primaria temos estes novos aparellos que nos han axudar moito no noso día a día. En nada aprenderemos a manexalos.



PASCUA

 A través de diferentes actividades traballamos o tempo de Pascua, axudados pola tradición inglesa coas profes Mei, Isa e Nuria e tamén adaptando actividades de psico coa profe Ana ou na clase coas titoras ... todas a unha!






EASTER EGGS


TRABALLAMOS COMA MEISEL

Despois de traballar no obradoiro na clase con Laura sobre a fotografía de Meisel e ter vista a súa exposición, tocounos a nós ser fotógrafos e fotógrafas no xardín do noso cole. 
Primeiro fomos velo, exploralo e buscar algo que querer fotografar. Cadaquén escolleu: unha flor, unha árbore, un compi, ... e logo, tablets en man e coa axuda das profes, realizamos a nosas fotografías. Aprendemos que a Meisel lle gustaba moito facer fotos de xente en movemento, así que probamos e tamén o plasmamos en debuxos. Velahí o resultado:






O INVERNO EN 3 ANOS

 Este inverno estamos a aprender unha morea de cosas interesantes sobre o frío, o xeo, o polo norte e un animal que alí vive: o oso polar. 

Fixemos experiencias co xeo: derretelo e ver que se converte en auga, pasar a auga a xeo, darlle cor con distintas cores, trasvases...

Buscamos distintos animais do inverno agochados no arroz.

Creamos "copos de neve" con diferentes obxectos e texturas e composicións creativas coas cores do inverno. A continuación veredes que ben o pasamos!!!!

















domingo, 2 de abril de 2023