Dentro do programa do Concello de Rutas Urbanas, @s peques do cole fomos ao parque a facer unha serie de actividades relacionadas co coidado do medio no que vivimos. Disfrutámolas un montón e pasámolo pipa buscando ao traste trasno CASCANUECES que nos deixou alí mentres facía uns recados.
miércoles, 24 de mayo de 2023
lunes, 22 de mayo de 2023
FESTIVAL DAS LETRAS GALEGAS
Velaí tedes as actuacións d@s nos@s artistas. Na páxina web do cole hai unha mostra de todos os cursos.
4º EI Lúa de María Fumaçajueves, 18 de mayo de 2023
CONTACONTOS LETRAS GALEGAS
Esta mañá Caxoto estivo no cole para contarnos cousas da vida de Francisco Fernández del Riego e algún que outro conto. Estivemos moi atent@s a todo o que nos dixo.
viernes, 12 de mayo de 2023
APRENDEMOS EDUCACIÓN VIARIA
Esta mañá o policía local Diego estivo falando connosco sobre a importancia de cruzar polos pasos de peóns, co semáforo verde (se o hai), mirar aos lados 3 veces antes de facelo e viaxar siempre nas sillas do coche co cinto de seguridade posto.
Despois de aprendelo, velo nos vídeos e practicalo na aula, saimos á rúa para ver quen o facía ben e quen non o facía tan ben. Aos primeiros agasallámolos cunha flor. Para casa tamén levamos unha ...a quen lla deron?
Fixémolo tan ben que levamos o noso propio carné infantil de Policía Local, ...xa podedes cumprir coas normas, familias
!
jueves, 11 de mayo de 2023
sábado, 6 de mayo de 2023
APADRIÑAMENTOS LECTORES
O alumnado máis peque do cole estivo moooi atento aos contos que lles contaron @s compis maiores.
Unha actividade chea de lectura e cariño. VIVA!!!!
4ºBjueves, 4 de mayo de 2023
VISITA AO ACUARIO
Esta mañá @s peques do cole desfrutamos na visita á casa dos peixes. Alí estaba, por suposto, Gastón e tod@s @s seus amig@s. Estivemos moi atent@s a todas as explicacións que Miguel nos deu, grazas!