Samaín


Música para Samaín e Halloween:
Brinca vai! No samaín
Tumba tumba. Mamá cabra

Tumba tumba tumbaba

Skeleton dance
Pumpkin pumpkin song
Five little pumpkins
Spooky spooky

Hai moitos anos celebrábase en Galicia o Samaín. É unha tradición que últimamente se confunde con Halloween pero que é moi popular en moitas zonas de Galicia.
O rematar o verán recollíanse as cabazas que estaban sementadas entre o millo e era costume regalar algunha aos rapaces que axudaban na colleita. Os rapaces baleiraban as cabazas (gardando as sementes para o ano seguinte) e as decoraban do xeito mais monstruoso posible. Despois, metían unha candea acesa e poñíana nos camiños ou nas portas das casas para dar medo á xente o día 31 de outubro.

 





SAMAÍN 2011

Un ano máis festexamos o SAMAÍN nas aulas de infantil ambientando os espacios, aprendendo poemas e cancións, participando no concurso de cabazas do centro, facendo debuxos e traballos relacionados co tema .... Tamén as profes de inglés nos falaron do halloweeen, unindo as dúas tradicións de orixe común.


Moitas gracias a todo@s pola vosa colaboración na casa! Os rapaces e rapazas estiveron moi motivados!