lunes, 14 de marzo de 2016

MARCAPÁXINAS

Coma todos os anos estamos a elaborar os marcapáxinas para o concurso que se organiza dende o equipo de biblioteca do centro. Este ano elexíuse o tema do autor Manuel María (homenaxeado este ano nas letras galegas) e o seu libro de poesías "Os soños na gaiola". Neste libro hai poesías de animas, de fenómenos meteorolóxicos, de obxectos agrarios, ... e cadaquén plasmou o que le gustou no correspondente marcapáxinas.

3 anos A



3 anos B




4 anos B
4 anos A
5anos A

5 anos B

viernes, 11 de marzo de 2016

PASTA DE SAL

Os de 4 seguimos co noso proxecto de cociña:


   Fixemos pasta de sal: comprobamos que os alimentos serven tamén para outras cousas, neste caso, para facer manualidades ...





CONTACONTOS


O pasado mércores tivemos una sesión de contacontos da historia "Feliz Feroz", unha de lobos un pouco diferente. Participamos e desfrutamos moito do conto.




lunes, 7 de marzo de 2016

MÁIS ARTE: escultura e pintura

Agora tócalle o turno á escultura, Meninas versión plastilina, xa vedes:



















Ademais comparamos o cadro "Las meninas" con "El grito", miramos en que se parecían (pouco) e en que se diferenciaban (moito). Todos imaxinamos que lle podía ter pasado a esa persoa para estar a berrar así e fixemos cadansúa versión:

viernes, 4 de marzo de 2016

CONCERTO DIDÁCTICO

Esta mañá os de 4 e os de 5 fomos ao Palacio da Ópera para ver un concerto de instrumentos de corda  interpretado polo grupo Arcos Iris. A través de diversas pezas de obras clásicas fixemos unha viaxe polas nosas emocións: medo, tristura, enfado, sorpresa, alegría, ... Foi divertido participar activamente!








LEMBRADE QUE MAÑÁ SÁBADO ÁS 12 PODEDES ACUDIR AO MESMO CONCERTO "EN FAMILIA"

jueves, 3 de marzo de 2016

A GRANXA

Os de 3 anos están rematando xa o seu tema dos animais domésticos. Teñen unha granxa montada na aula!!!


martes, 1 de marzo de 2016

PIZARRA DIXITAL

Veñen de ter colocado dúas pizarras dixitais en aulas que aínda non contaban con elas. Xa só nos queda un aula sen dotación no que a educación infantil respecta.
Pouco a pouco tanto profes coma alumnos estamos a familiarizarnos co seu uso. É unha ferramenta moi útil coa que se poden realizar cantidade de actividades. Os neno/as están moi habituados xa ao seu uso coma instrumento de aprendizaxe.