Desta volta temos a Paula en 5ºB e a Cristina en 6ºB do 3º curso do Grao en Educación Infantil facendo as súas prácticas connosco. Estarán nas nosas aulas durante un mes.
jueves, 11 de febrero de 2021
ENTROIDO 2021
A vindeira semana celebraremos o entroido no Wences como merece ... cada día teremos unha manda, así que moi atent@s.
Neste enlace podedes ver á nosa mascota da biblioteca xunto coa mascota do horto invitándonos á troula:
FANTASMÓN E TÍA PURA PRESENTAN O ENTROIDO NO WENCES
Así que preparade os disfraces!!
VENRES 12 PODERÁN VIR DISFRAZADOS DA CASA DA MANEIRA QUE DESEXEN, LEMBRADE QUE TEÑEN QUE VIR CÓMOD@S PARA PODER IR AO BAÑO SEN DIFICULTADE, PROCURANDO ESPECIALMENTE ESTE ANO QUE NON TRAIAN ACCESORIOS PARA EVITAR CONTACTOS INNECESARIOS.
ESTE MESMO DÍA, VERNES, PODEN TRAER A COMIDA DA MEDIA MAÑÁ DE PRODUTOS TÍPICOS DESTAS DATAS PARA DEGUSTAR (NON PODEREMOS COMPARTIR, CADAQUÉN A CANTIDADE PROPIA)
DESFRUTADE DUN BO ENTROIDO!
VERÉMONOS DE VOLTA XOVES 18
DÍA INTERNACIONAL DA MULLER E A NENA NA CIENCIA
Nunca nos resultou tan sinxelo e cercano explicar a importancia que teñen as personas da ciencia nas nosas vidas. Todos os alumn@s estiveron de acordo en que queremos que investiguen como poder vencer ao coronavirus para que marche e podamos volver á rutina de antes.
Hoxe especialmente fixemos referencia á parte feminina da ciencia nomeando a Margarita del Val coma rostro visible que aparece estes días con frecuencia nos medios.
miércoles, 10 de febrero de 2021
martes, 9 de febrero de 2021
lunes, 8 de febrero de 2021
Suscribirse a:
Entradas (Atom)





















