miércoles, 27 de octubre de 2021

ARCHIMBOLDO EN 5 ANOS

Aproveitando cousas de outono que tiñamos pola clase fixemos unha versión semellando os cadros que este artista pintou na súa vida.  Que facía? utilizar elementos como froitas e vexetais para compoñer retratos. Así que, despois de observar e comentar en grupo, puxémonos  mans á obra. Quedaron uns retratos moi da estación do ano na que estamos:







lunes, 25 de octubre de 2021

Nosos primeiros días...

Os máis peques do cole comezaron a súa andaina polo Wenceslao. Coñecemos o cole, xogamos nos diferentes patios cos xoguetes (sin esquecer que ao rematar temos que desinfectalos), descubrimos as nosas emocións co "Monstro de Cores"!!!










viernes, 22 de octubre de 2021

DÍA DA BIBLIOTECA

 O 24 de outubro conmemórase o día da biblioteca. Nas aulas de infantil celebrámolo hoxe venres por adiantado co conto : "El secreto" e @s alumn@s levaron o seu .....sabedes cal é?


Ademais recitamos unha poesía que nos pareceu moi divertida: os pequenos máis curtiña e os maiores máis longa.









jueves, 21 de octubre de 2021

DÍA DO AFORRO DA ENERXÍA

 Esta mañá todo o cole fixemos algo ao tempo: un minuto de apagón. Fíxemolo para concienciar da importancia de facer un consumo responsable da enerxía. De seguro que algún rapaz/a apagou hoxe na casa unha luz que non precisaba estar prendida




miércoles, 29 de septiembre de 2021

PRIMEIROS DÍAS NAS AULAS DE 4 ANOS

 X a había ganas de volver ó cole, de reencontrarnos cos amigos e amigas para pasolo ben. 

Os primeiros días foron tamén para afacernos de novo aos espazos e as "profes" pero pouco a pouco imos retomando a normalidade.

Aquí tedes unha pequena mostra.






martes, 28 de septiembre de 2021

PRIMEIROS DIAS EN 5 ANOS

 En 5 anos cambiamos de edificio, de aula e de corredores máis escaleiras. Xa nos imos afacendo e comezando coas nosas rutinas. O que máis nos gustou foi poder utilizar os xogos dos patios, ao fin! (eso si, ao rematar temos que desinfectalos)












martes, 21 de septiembre de 2021

PROFES EN PRÁCTICAS

 Temos neste 1º trimestre do curso 3 profes do 4º curso do Grado de Educación Infantil facendo prácticas nas nosas aulas:

Isa está na aula de 3 anos A

Tania na aula de 3 anos B

e Iria na aula de 5 anos B,

de seguro que a algúns xa vos soan os seus nomes.