lunes, 1 de junio de 2015

FESTIVAL DAS LETRAS GALEGAS 2015

Despois de moito ensaiar, o resultado foi de verdadeiros profesionais! .... PARABÉNS.  
Aquí tedes unha pequena mostra do que fixeron para os compañeiros/as do cole:
                                               
                                                      3 anos: "As mans"



                                                      4 anos: "Os números"



5 anos A: "Animais"




5 anos B: Cantigas


Ademais, entregáronse os premios aos gañadores do concurso de marcapáxinas deste ano:


martes, 26 de mayo de 2015

AGORA... MONET

Obra orixinal


Os nosos pequenos artistas de 5 anos coñeceron os impresionistas. Traballaron un dos mais famosos cadros de Monet , da súa serie "PAPOULAS".





A nosa creación

Interpretacións persoais do cadro.

As nosas papoulas


Na clase tamén fixemos "esculturas" de bichos que podemos encontrar no campo.




Non vos perdades esta magnífica exposición!!!

domingo, 17 de mayo de 2015

PLANTAMOS FRESAS E LEITUGAS


 


Xa sabemos que precisan terra, luz e auga. Pois xa teñen de todo.
Cando medren imos facer una boa ensalada!!!!!

MÁIS TEATRO ...

Estas vez tocoulle o turno aos pequerrechos da escola infantil Luis Seoane. Uns grandísimos actores e actrices de só 2 e 3 anos de idade. Representaron "O frautista de Hamelin". Fixérono requeteben!




COOKIE GOES TO THE SUPERMARKET

Cookie está estes días ensinando aos de 3 anos vocabulario relacionado co mercado. Aprendemos practicando ...

viernes, 15 de mayo de 2015

ACUARIO


Esta mañá os de 3 desfrutamos da xornada xunto cos nosos amigos os peixes. Vimos besugos, congrios, morenas, cabaliños de mar, estrelas, ... e, por suposto, a Nemo e a Gastón! Ata vimos coma dous buzos daban de comer aos peixes na sala Nautilus.
Foi una experiencia estupenda e aprendemos moito. Pode que acabaramos un pouco cansos, pero seguro que temos moito que contar na casa.





jueves, 14 de mayo de 2015

GUSANOS DE SEDA

Coma cada primavera chegaron ao noso cole, un ano máis, uns visitantes moi especiais: os gusanos de seda. Esta mañá observamos coma estaban a comer nas follas de morera que teñen na súa "casiña" (unha caixa de zapatos). Non paran de comer ...,  son uns verdadeiros glotóns!


 
Xa sabemos que naceron de ovos e que máis adiante hanse converter en bolboreta. Incluso temos un deles que xa está metido na súa crisálida ... que emoción!




Para saber máis sobre o tema escoitamos moi atentos o conto "La pequeña oruga glotona", que moito nos gusta.









Se queredes máis información aquí tedes un vídeo explicativo:

E un enlace a actividades que, aínda que algunhas non valen para infantil, poden ser interesantes:


... xa vos iremos informando das novidades que por aquí ocorran.