lunes, 10 de octubre de 2016

OUTONO EN 4 ANOS

En 4 anos estamos decorando as nosas aulas e corredores de outono, polo que nos gustaría que as familias tamén poidades participar nisto. 
Para isto, todos os nenos e nenas terán que traer á escola algún elemento propio desta estación, tal e como follas ou algún  froito (castañas, noces, landras, millo...), tendo en conta que, posto que entre as dúas clases somos moitos nenos e nenas, será dabondo con que cada un deles traia unha cantidade moi pequena disto (por exemplo, dúas ou tres noces).

Moitas gracias a todas e todos!

domingo, 9 de octubre de 2016

FACEMOS PLASTILINA

En 3 anos a caixa máxica  trouxo varios ingredientes:
FARIÑA, SAL, COLORANTE ALIMENTARIO, UNHA CULLER E UN VASO.

Falamos do que se podería facer con estes ingredientes e ao final decidimos que elaborar nós mesmos  "plastilina" sería moi divertido. Engadimos auga, misturamos, eleximos cor, amasamos e despois levamos para a casa.




      



Animádevos a facela na casa cos vosos fillos! 
É moi doado; 1 medida de fariña, 1/2 medida de sal e 1/3 da medida de auga. 

jueves, 6 de octubre de 2016

MASCOTAS EN 3 ANOS

A caixa máxica trouxo instruccións para atopar un "tesouro".  Buscamos pola rampa, no patio dos grandes, no noso patio, na casita, na árbore... 









 


Apareceu debaixo do tobogán.  Dentro había dúas monas cos seus monitos na espalda.
Despois chegou o momento de elexir o seu nome. Fixemos as nosas primeiras VOTACIÓNS e ao final en 3 anos A chámase  KIA e en 3 anos B  CACAHUETE










miércoles, 5 de octubre de 2016

CAMBIO HORARIO PSICOMOTRICIDADE EN 5 B

Os da clase de 5 anos B (Rosa) teremos a psicomotricidade os VENRES no lugar dos luns coma estaba ata o de agora debido a unha reorganización do horario.
Ás demais clases non lles afecta o cambio.

martes, 4 de octubre de 2016

A VOLTA AO MUNDO

Os de 5 anos xa estamos de viaxe ....imaxinario. Comezamos a nosa "volta ao mundo" dende A Coruña. Xa temos listos os nosos pasaportes e moita ilusión por comezar. Xa vos iremos informando de por onde andamos ... Boa viaxe!



viernes, 30 de septiembre de 2016

BENVIDO OUTONO!

O outono xa chegou e as nenas e nenos de 4 anos déronlle a súa benvida decorando con pintura e pincel algúns elementos típicos desta época do ano (follas, castañas, cogomelos...).

Foron uns verdadeiros artistas!

XOGAMOS AO BINGO EN 4 ANOS

As nenas e nenos de 4 anos estivemos xogando na clase ao Bingo das palabras.
Para isto, primeiro cada un de nós fixo as súas fichas con plastilina e despois tivemos que prestar moita atención ás imaxes que aparecían no noso cartón para ir colocando cada ficha  sobre as imaxes correspondentes ás palabras que a mestra nos ía dicindo en alto.
Pouco a pouco, comezamos a cantar en alto as liñas que íamos facendo e, finalmente, dous compañeiros cantaron o bingo ao mesmo tempo:-)