viernes, 30 de septiembre de 2022

POLO PEPE EN LINGUA DE SIGNOS

 Estaba programado un contactos para a semana pasada pero houbo que adialo ata hoxe. Esta mañá o alumnado de 5º e 6º infantil desfrutou no salón de actos, e os de 4º na aula, da destreza de 2 compañeiras de 6º de primaria que interpretaron este conto que tanto nos gusta, EL POLLO PEPE:

Ademais ensinaron nomes de animais e outras palabras en lingua de signos e tod@s participamos entusiasmad@s.

Grazas Claudia e Laura pola vosa implicación!




jueves, 29 de septiembre de 2022

DÍA INTERNACIONAL DE CONCIENCIA SOBRE A PÉRDIDA E O DESPERDICIO ALIMENTARIO

 Hoxe nas aulas falamos deste tema tan importante e actual. Debemos concienciarnos tod@s da importancia de non desperdiciar comida e tentar producir o menor volume de lixo posible.

miércoles, 28 de septiembre de 2022

CLASE 5º A

 Primeiro día na aula de 4 anos A





viernes, 23 de septiembre de 2022

DÍA INTERNACIONAL DA LINGUA DE SIGNOS


 Nas aulas esta mañá falamos das persoas que non poden comunicarse con palabras de forma oral e utilizan outra forma como é a lingua de signos. Fixemos algunha práctica e vimos como facían nalgún vídeo con contos e cancións. É divertido poder falar coas mans!



4º B


6º A

6º A

6º B


6º B


jueves, 22 de septiembre de 2022

CLASE 6º A

 Disfrutando do patio os primeiros días de cole



CLASE 6º B

Estes primeiros dias de curso estamos a aproveitar os patios chios de luz e sol

 




miércoles, 21 de septiembre de 2022

PERÍODO DE ADAPTACIÓN, 4º INFANTIL

 Os rapaces e rapazas de 4º xa estamos a adaptarnos a novos espazos, novas profes, novos compis, ... todo novo! Con maior ou menor dificuldade, debemos respeitar os ritmos de cadaquén para que o proceso resulte o máis sinxelo e agradable posible. Seguimos ...

na aula facemos un montón de actividades con diversas profes

no patio xogamos e compartimos xoguetes

e nas mesas temos tamén diferentes propostas