martes, 27 de marzo de 2012



Xa estamos rematando o segundo trimestre e teremos uns días de vacacións.
Nas clases de inglés estamos a aprender un pouco sobre a Pascua (EASTER) e vocabulario relacionado coa mesma: Easter Bunny, Eggs, Chicken, Basket ... 
Aquí tedes un enlace onde podedes saber un pouco máis das orixes desta tradición tan popular nos países anglosaxóns. 
          Tradiciones de Pascua


Se vos animades, en internet hai moitas páxinas con actividades de Pascua para nenos.
Estas son algunhas:
        Siete ideas para decorar huevos
        de Pascua
        Huevos de Pascua floreados
        Easter bunny
        Colorea huevos de Pascua


Verémonos de novo o martes día 10 de abril. Que disfrutedes ....

lunes, 12 de marzo de 2012

OS TRES PORQUIÑOS

Os alumn@s de 3 anos comezamos a traballar co conto de "OS TRES PORQUIÑOS". Temos feito un mural coas casas e os porquiños que decora a entrada ao noso cole, estamos aprendendo moitas cousas novas e lembrando outras que xa sabiamos. Disfrutamos moito contando o conto unha e outra vez porque nos encanta escoitar historias que xa sabemos e, ás veces, as profes se "confunden" e temos que decirlle como é (o que nos da moita risa). Xa temos moitos libros e cousas relacionadas co conto, pero aceptamos máis, se tedes pola casa. Os compañeir@s de 5 anos nos fixeron uns debuxos moi chulos que tamén temos expostos, son uns artistas!
Esperamos que ás vosas casas chegue algo relacionado con esta historia a través dos vosos fill@s e que o disfrutedes.


                                                                                                      
OINK; OINK; OINK ....