lunes, 12 de marzo de 2012

OS TRES PORQUIÑOS

Os alumn@s de 3 anos comezamos a traballar co conto de "OS TRES PORQUIÑOS". Temos feito un mural coas casas e os porquiños que decora a entrada ao noso cole, estamos aprendendo moitas cousas novas e lembrando outras que xa sabiamos. Disfrutamos moito contando o conto unha e outra vez porque nos encanta escoitar historias que xa sabemos e, ás veces, as profes se "confunden" e temos que decirlle como é (o que nos da moita risa). Xa temos moitos libros e cousas relacionadas co conto, pero aceptamos máis, se tedes pola casa. Os compañeir@s de 5 anos nos fixeron uns debuxos moi chulos que tamén temos expostos, son uns artistas!
Esperamos que ás vosas casas chegue algo relacionado con esta historia a través dos vosos fill@s e que o disfrutedes.


                                                                                                      
OINK; OINK; OINK ....

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Que che pareceu esta entrada??

Gustaríanos moito que o compartas con nos!!

Lembra IDENTIFICARTE para poder incluir o teu comentario.

Anímate a comentar!!