Este outono os piollos parecen ser máis resistentes que outros anos, por iso poñemos no voso coñecemento unhas páxinas web que vos poden dar moita información sobre eles:
Piojosfuera
Infopiojos
Asociación Española de Pediatría
A infestación de piollos non é unha causa de ocultación ou vergonza xa que non está vinculada á falta de hixene. É moi frecuente entre os 3 e 11 anos e parece afectar máis a nenas de cabelos finos.
Ainda así, debemos lembrar que, polo ben de todos, os nen@s afectados non deberían voltar ao colexio ata que se traten e poñan en práctica os seguintes consellos:
- Aplicar Permetrina ó 1% segundo as indicacións do fabricante. Peitear o cabelo húmido cun peite metálico para lendias, para quitar as lendias e os piollos mortos. Repetir o tratamento unha semana máis tarde.
(O peiteado debe repetirse cada dous días durante a lo menos dúas semanas).
- Lavar (a unha temperatura mínima de 55 grados) a roupa interior, toallas, roupa de cama en uso e ourtras roupas e obxetos do nen@ infrestado usados dende dus días antes.
- Aquelos obxectos que non se pode lavar (peluches, bonecos, cintas para o cabelo,...) pecharanse nunha bolsa durante dúas semanas ou ben lavaranse en seco. En calquera caso, débense afastar.
- Fregar cepillos e peites con alcol ou ben con auga quente a 55 grados, ou con xabón polo menos durante unha hora.
- Aspirar alfombras e mobles tapizados.
- Non compartir roupa deportiva, bufandas, cintas para o cabelo , e outros obxectos perosais..