lunes, 17 de diciembre de 2012

Ollo co piollo!


Este outono os piollos parecen ser máis resistentes que outros anos, por iso poñemos no voso coñecemento unhas páxinas web que vos poden dar moita información sobre eles:
Piojosfuera
Infopiojos
Asociación Española de Pediatría


A infestación de piollos non é unha causa de ocultación ou vergonza xa que non está vinculada á falta de hixene. É moi frecuente entre os 3 e 11 anos e parece afectar máis a nenas de cabelos finos.
Ainda así, debemos lembrar que, polo ben de todos, os nen@s afectados non deberían voltar ao colexio ata que se traten e poñan en práctica os seguintes consellos:
 
- Aplicar Permetrina ó 1% segundo as indicacións do fabricante. Peitear o cabelo húmido cun peite metálico para lendias, para quitar as lendias e os piollos mortos. Repetir o tratamento unha semana máis tarde.
(O peiteado debe repetirse cada dous días durante a lo menos dúas semanas).
- Lavar (a unha temperatura mínima de 55 grados) a roupa interior, toallas, roupa de cama en uso e ourtras roupas e obxetos do nen@ infrestado usados dende dus días antes.
- Aquelos obxectos que non se pode lavar (peluches, bonecos, cintas para o cabelo,...) pecharanse nunha bolsa durante dúas semanas ou ben lavaranse en seco. En calquera caso, débense afastar.
 - Fregar cepillos e peites con alcol ou ben con auga quente a 55 grados, ou con xabón polo menos durante unha hora.
 - Aspirar alfombras e mobles tapizados.
 - Non compartir roupa deportiva, bufandas, cintas para o cabelo , e outros obxectos perosais..
 



No hay comentarios:

Publicar un comentario

Que che pareceu esta entrada??

Gustaríanos moito que o compartas con nos!!

Lembra IDENTIFICARTE para poder incluir o teu comentario.

Anímate a comentar!!