miércoles, 30 de enero de 2013

DÍA DA PAZ


Como todos os 30 de Xaneiro hoxe celebrouse en moitos centros educativos o Día da Paz. 
Durante a última semana fixemos varios murais conmemorativos que están expostos no cole.
A nosa celebración será o vindeiro venres 1 de febreiro coincidindo co II Mercadillo Solidario.

Esperámosvos!

lunes, 28 de enero de 2013

4 ANOS VISITA O PARQUE DE BOMBEIROS

Estes días os nenos/as de 4 visitamos o parque de bombeiros da cidade. Está moi cerquiña do cole así que non nos cansamos nadiña no bus.
Alí o bombeiro Ricardo encargouse de ensinarnos un montón de cousas: o camión no que fan as saídas, as ferramentas que usan, a escaleira coa que chegan ata a 30 metros de altura, o ximnasio no que entrenan, a sala de recepción de chamadas, a roupa que utilizan (casco e chaquetas que nos deixaron probar), a cucaña pola que baixan cando hai unha emerxencia, e ata nos ensinou como manexar a mangueira ... e puidemos usala nós!!!!
Foi unha experiencia formidable! Agora moitos de nós queremos ser de maiores ... BOMBEIROS  E BOMBEIRAS!!!
Polo de pronto serviranos para disfrazarnos no vindeiro entroido.


EL GRITO

Os de 4 seguimos a traballar a arte e, nesta ocasión, co famoso cadro "EL GRITO" de Munch. Permitíunos falar dos "sustos", os "medos", e , por extensión, de outras expresións faciais e estados de ánimo. Preguntámonos que lle podería pasar a ese home para berrar así e deixamos voar a nosa imaxinación. Observamos as cores, as formas, os trazos, e fixemos as nosas "adaptacións":


nós tamén sabemos berrar!!!





viernes, 25 de enero de 2013

MIRADAS AL MUNDO

Hoxe tivemos unha visita especial porque, a través da ONG "Miradas al mundo", fixemos un montón de amigos dun lugar moi lonxano a nós, da África, de Guinea Bisau. Eles ensináronnos como é o seu cole, que é moi diferente ao noso, as pouquiñas cousas das que dispoñen, os poucos recursos cos que contan, ... pero que son nenos e nenas coma nós, que lles gusta xogar, rir, aprender e pasalo ben. Son Agua, Bambe, Isatu, e moitos maís.
Tamén nos pediron un pouquiño de axuda para poder facer un cole novo, xa que o que teñen é moi vello, para comprar cores e libros, que teñen poucos, e para ter máis profes que sepan ensinar máis cousas, porque os que teñen non puideron ir á escola.
Como temos organizado o Mercadillo Solidario para o vindeiro día 1 de febreiro, todo o diñeiro que se recaude irá destinado a esta ONG á que xa o ano pasado entregamos unha boa cantidade dos nosos "aforriños".





 

fixemos uns debuxos para mandar aos nosos novos amigos

LAS MENINAS
















Os alumn@s de 4 estamos a traballar o famoso cuadro de Velázquez "LAS MENINAS". Estamos aprendendo moito sobre a época, o pintor, a vida nos palacios, ... Xa temos as paredes adornadas coas nosas produccións plásticas: cada un fixo a súa visión persoal da infanta Margarita, protagonista no cuadro.
No seguinte vídeo do Museo del Prado podedes aprender algo máis sobre este famoso cadro:


Queredes facer un puzzle? Seguro que os vosos fillos e fillas estarán encantad@s de axudar, que xa temos practicado na clase ....


 
Pedimos a vosa colaboración na decoración de unha MENINA que levaron os alumnos para casa e temos que agradecervos a vosa implicación pois están chegando traballos verdadeiramente interesantes e moi diversas técnicas plásticas: pintado, pegado, collage, plastilina, obxectos engadidos, ... e os nen@s están aprendendo moito dunha forma moi divertida.

lunes, 21 de enero de 2013

DÍA DA PAZ

O vindeiro 30 de xaneiro conmemórase o DIA ESCOLAR POLA PAZ e, coma cada ano, no cole implicaremos aos alumn@s para que se decaten da importancia que ten achegándoos á súa realidade máis próxima.
Sabedes que tedes información na paxina deste blog adicada a este tema. Tamén no enlace do blog da biblioteca hai unha mención aos libros, cancións ou poemas relativos a el.

Un ano máis terá lugar o Mercadillo Solidario, co que pretendemos recaudar fondos para colaborar con unha ONG. Estamos a recoller os xoguetes que tan xenerosamente doades para tal fin. Este ano entrégase un número a cada "doante" para participar nun sorteo de regalos ese mesmo día.
Ademáis faremos unha chocolatada coa mesma fin recaudatoria (os nen@s que aporten 1 euro tomarán chocolate e 2 churros). O día 1defebreiro os xoguetes estarán clasificados para vender por 1, 2, 3 ou 4 euros e os nen@s poderán comprar cos cartos que traian.
Xa que é un día de portas abertas podedes facervos cargo dos vosos fillos en todo momento, pero lembrade que se os ides levar fóra do centro teredes que avisar á titora correspondente e deixar constancia asinando a autorización.
Esperamos disfrutar dunha xornada verdadeiramente solidaria.
GRACIAS POLA VOSA COLABORACIÓN !!!!!