Estes días os nenos/as de 4 visitamos o parque de bombeiros da cidade. Está moi cerquiña do cole así que non nos cansamos nadiña no bus.
Alí o bombeiro Ricardo encargouse de ensinarnos un montón de cousas: o camión no que fan as saídas, as ferramentas que usan, a escaleira coa que chegan ata a 30 metros de altura, o ximnasio no que entrenan, a sala de recepción de chamadas, a roupa que utilizan (casco e chaquetas que nos deixaron probar), a cucaña pola que baixan cando hai unha emerxencia, e ata nos ensinou como manexar a mangueira ... e puidemos usala nós!!!!
Foi unha experiencia formidable! Agora moitos de nós queremos ser de maiores ... BOMBEIROS E BOMBEIRAS!!!
Polo de pronto serviranos para disfrazarnos no vindeiro entroido.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Que che pareceu esta entrada??
Gustaríanos moito que o compartas con nos!!
Lembra IDENTIFICARTE para poder incluir o teu comentario.
Anímate a comentar!!