jueves, 28 de febrero de 2013

VISITA A BONILLA

Os alumnos de 5 anos visitaron onte a fábrica de "Bonilla a la vista" na que comprobaron como se elaboran as patacas fritas.
Foi moi interesante e aprenderon moito!


viernes, 22 de febrero de 2013

Oficios

A nai de Alba, Vero, é profe de escola infantil e nos explicou moitas cousas que ensinan aos pequerrechos, como os coidan , ... Tróuxonos unha caixa máxica con diferentes texturas e fíxomos unha manualidade moi divertida: un ratiño marioneta que levamos para a casa.
















Yolanda, nai de Rafa, explicounos o que ensina á xente que quere aprender a conducir e sacar o carné porque ela é profesora de autoescola. Xa todos queremos conducir de verdade ...

 














Agora toca o turno de Lidia, nai de Noa, que nos explicou aos de 4 anos B o seu traballo de enfermeira: coida dos enfermos, da mediciñas, pon vendaxes, toma a tensión e ausculta, ... Traballa en quirófano e leva pixama e gorro verde. Todos tiñamos moito que contar polas experiencias propias ou cercanas. Desfrutamos manipulando o fonendo e o tensiómetro que nos trouxo.













Xa comezamos a visitas de pais e nais ás aulas de 4 anos para contarnos como son os seus traballos. Onte na aula de 4 anos A estivo Irene, nai de Antía, que é farmacéutica e nos contou cousas interesantes que ocorren na farmacia, cousas que se venden, fórmulas que fan para que a xente estea ben coidada, ...

 
 

Na aula de 4 anos B Hadrián, pai de Ernesto, explicounos o seu traballo de enxeñeiro no que ten que usar moito a súa "cabeza" para pensar como facer as cousas, por iso amosou o seu casco co que ten que ir ás obras, e que o que máis lle gusta é facer pontes, trouxo un libro con fotos moi chulas de un montón de pontes famosas.



Aprendimos moitas cousas e gustounos moito ter na clase aos papis.
A ver se se anima alguén máis!!!!!

Ahí deixamos un par de enlaces interesantes sobre das profesións:

Locos bajitos


Tic infantil

martes, 19 de febrero de 2013

O FRAUTISTA DE HAMELIN




                                                       EL FLAUTISTA DE HAMELIN


Os alumnos de 4 estamos a traballar o conto de "O frautista de Hamelin" e, sobre todo, as profesións, como xa demostramos no pasado entroido. Agora toca o turno de que as familias nos contedes algo sobre os vosos traballos, nunha ficha que levan os nen@s para casa ou, se vos animades e dispoñedes de tempo, aquí na propia clase.
Ademais de moitos libros e videos que xa trouxeron os rapaces á aula ou tedes pola casa podedes consultar en internet. Parécenos interesante unha versión matemática que xa temos visto na clase:

CUENTO MATEMÁTICO EL FLAUTISTA DE HAMELIN

MES DA POESÍA

Ao longo do vindeiro mes adicaremos parte do traballo na aula á poesía que sempre está presente nas nosas rutinas pero agora será dun xeito máis consciente e profundo. Se queredes colaborar podedes mandar algun poemiña á aula a través dos vosos fill@s nun folio. Na entrada do cole, ao lado da biblioteca, teremos expostos moitos poemas elaborados polos alumn@s. Gracias!

jueves, 14 de febrero de 2013

St. Valentine´s Day

ROSES ARE RED,
VIOLETS ARE BLUE,
NOBODY LOVES YOU
LIKE I LOVE YOU.

jueves, 7 de febrero de 2013

ENTROIDO 2013

VERNRES, 8 DE FEBREIRO DE 2013

Ao fin o tempo acompañou un pouco e desfrutamos unha xornada entroideira e festiva no noso cole.
Moita cor, moito baile, moitos doces típicos e moio ambiente coas familias acompañando no entroido do WENCESLAO.
Comemos nas aulas os produtos típicos de entroido que trouxemos, vestímonos xuntos preparándonos para o desfile, fixemos unha exibición polo patio ao animado ritmo da música, cantamos todos xuntos a canción "O noso entroido" que preparamos co profe de Alfredo e, finalmente, queimamos o MOMO que presidiu a entrada do cole toda a semana. Non estivo nada mal!!!



XOVES, 7 DE FEBREIRO DE 2013

Hoxe case todos estabamos disfrazados á hora do patio, o que fixo que resultase moi vistoso e colorido, dende princesas a piratas ou superheroes, todos moi metidos no seu papel e ... GUAPÍSIMOS!







MERCADILLO SOLIDARIO

Hoxe fixemos entrega á representante da ONG do cheque por valor de máis de 1.200 euros que recaudamos no mercadillo así coma dun libro de debuxos feitos por nen@s do noso cole. Unha representación con 2 alumnos de cada clase xunto con varios profesores acudiron á biblioteca para facer a entrega.
De novo, GRACIÑAS!!!


martes, 5 de febrero de 2013

ENTROIDO 2013

Ao longo desta semana estamos a celebrar o ambiente festivo e trouleiro do entroido. Temos un MOMO grande á entrada do cole e un MOMIÑO pequeno na entrada do edificio de infantil, temos unha MANDAS que "obedecer" cada día da semana, temos moitos murais e adornos polas aulas e corredores e temos moito traballo que facer para que o venres os nosos disfraces relacionados coas PROFESIÓNS sexan os máis vistosos.



MANDAS:
LUNS: algo na meixela
MARTES: algo na cabeza
MÉRCORES: un mostacho
XOVES: un parche
 
O xoves os nenos de infantil poden vir disfrazados da casa, se queren, e o venres teremos o desfile cos disfraces que estamos a elaborar na clase (5 anos: COCIÑEIR@S, 4 anos: BOMBEIR@S e 3 anos: XARDIÑEIR@S) e larpeiradas para comer na aula.
 
 

II MERCADILLO SOLIDARIO

GRACIAS A TOD@S POLA VOSA COLABORACIÓN!!!!!
RECAUDÁRONSE MÁIS DE 1.200 EUROS PARA FACER UNHA ESCOLA EN GUINEA BISAU A TRAVÉS DA ONG "MIRADAS AL MUNDO"
Todos os que formamos a comunidade educativa estamos moi satisfeitos co resultado obtido e desfrutamos dunha xornada solidaria coas familias que puideron asistir, con todos os alumnos e con representantes da ONG.