viernes, 22 de febrero de 2013

Oficios

A nai de Alba, Vero, é profe de escola infantil e nos explicou moitas cousas que ensinan aos pequerrechos, como os coidan , ... Tróuxonos unha caixa máxica con diferentes texturas e fíxomos unha manualidade moi divertida: un ratiño marioneta que levamos para a casa.
















Yolanda, nai de Rafa, explicounos o que ensina á xente que quere aprender a conducir e sacar o carné porque ela é profesora de autoescola. Xa todos queremos conducir de verdade ...

 














Agora toca o turno de Lidia, nai de Noa, que nos explicou aos de 4 anos B o seu traballo de enfermeira: coida dos enfermos, da mediciñas, pon vendaxes, toma a tensión e ausculta, ... Traballa en quirófano e leva pixama e gorro verde. Todos tiñamos moito que contar polas experiencias propias ou cercanas. Desfrutamos manipulando o fonendo e o tensiómetro que nos trouxo.













Xa comezamos a visitas de pais e nais ás aulas de 4 anos para contarnos como son os seus traballos. Onte na aula de 4 anos A estivo Irene, nai de Antía, que é farmacéutica e nos contou cousas interesantes que ocorren na farmacia, cousas que se venden, fórmulas que fan para que a xente estea ben coidada, ...

 
 

Na aula de 4 anos B Hadrián, pai de Ernesto, explicounos o seu traballo de enxeñeiro no que ten que usar moito a súa "cabeza" para pensar como facer as cousas, por iso amosou o seu casco co que ten que ir ás obras, e que o que máis lle gusta é facer pontes, trouxo un libro con fotos moi chulas de un montón de pontes famosas.



Aprendimos moitas cousas e gustounos moito ter na clase aos papis.
A ver se se anima alguén máis!!!!!

Ahí deixamos un par de enlaces interesantes sobre das profesións:

Locos bajitos


Tic infantil

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Que che pareceu esta entrada??

Gustaríanos moito que o compartas con nos!!

Lembra IDENTIFICARTE para poder incluir o teu comentario.

Anímate a comentar!!