viernes, 26 de abril de 2013

CENICIENTA

Os alumno/as de 4 xa levamos varias semanas traballando co conto de "Cenicienta" diferentes aspectos da nosa programación: os nomes dos protagonistas, os números do reloxo, o corpo por dentro e por fóra, a arquitectura do palacio, a primavera, os comportamentos dos distintos personaxes, ...
Aquí deixamos a foto do mural que fixemos entre todos, ... a ver se atopades nesa noite estrelada o zapatiño de cristal!
 
 

lunes, 22 de abril de 2013

DÍA DO LIBRO




O 23 abril celébrase o día do libro e, para celebralo, nada mellor que un rato de lectura.
Aquí propoñemos algúns títulos:




LINDA Á ESPREITA
Alexander Streffensmeier
Ed. Xerais



¿POR QUÉ ME RÍO?
Terry Martin
Ed. SM Saber
THE ARTIST WHO PAINTED A BLUE HORSE
Eric Carle
El artista que pintó un caballo azul (Castellano)
Ed. Kalandraka





viernes, 19 de abril de 2013

AVISO

Informámoslles de que temos coñecemento dalgún caso de escarlatina e mais de conxuntivitis en infantil.
Como as dúas doenzas son contaxiosas, especialmente entre nen@s pequen@s, recomendámoslles estar atentos aos síntomas que poidan presentar os nen@s enferm@s.

miércoles, 17 de abril de 2013

SAÍDA MARÍA PITA, 4 ANOS

Dentro do programa DESCUBRIR CORUÑA do Concello, os alumnos de 4 anos disfrutaron dunha fermosa mañá de martes na praza de María Pita onde aprenderon moitas cousas da nosa heroína e da batalla que tivo lugar hai moitos anos entre coruñeses e ingleses. Tamén observaron minuciosamente o interior da casa do Concello, buscaron diferentes materiais pola propia praza (madeira, metal, pedra, ...), reproduciron unha batalla con bolas de papel e buscaron aos compañeiros a través do son de varios instrumentos. Unha boa maneira de coñecer a historia por medio de xogos!



 



martes, 16 de abril de 2013

EDUCA SAÚDE

Estes días estamos a ter unhas sesións de traballo no cole organizadas polo Concello sobre saúde. Ademais das charlas dirixidas aos pais-nais, os alumnos/as teñen obradoiros nas aulas encamiñados a mellorar o benestar dos escolares no ámbito físico, psicolóxico e social.
Coma sempre, os alumnos participan con entusiasmo nestas "clases" diferentes que lles serven para afianzar conceptos xa adquiridos e aprender outros novos.


 
 

miércoles, 10 de abril de 2013

Saídas do 11 e 12 de abril

Hoxe recibimos a notificación por parte do Forum Metropolitano de A Coruña de que as  actividades programadas para os nen@s de 4 anos (11 de abril) e 5 anos (12 de abril) quedaron suspendidas.
A coantía da entrada desta actividade será compensada coas que quedan pendentes nos meses de abril e maio. A información detallada enviarase próximamente nunha circular.

martes, 9 de abril de 2013

Somos uns artistas ...

Aquí deixamos unha mostra do que os nosos alumnos estiveron a facer estes  días e están a "decorar" as nosas aulas, xa vedes que realmente son uns GRANDES ARTISTAS!!!!

 

 

realizado polos alumnos de 3 anos







 

realizado polos alumnos de 4 anos





realizado polos alumnos de 5 anos

miércoles, 3 de abril de 2013

Actividades en Abril

¡Cómo pasa o tempo!... Estamos xa no derradeiro trimestre do curso e este mes está cheo de actividades complementarias e saídas.
 Ainda que xa vos imos informando por escrito, aquí tedes a relación das que temos programadas para o mes de abril:
      11 de abril: Saída dos alumnos de 4 anos A e B ao Teatro no Forum Metropolitano.
      12 de abril: Saída dos alumnos de 5 anos A e B ao Teatro no Forum Metropolitano.
      16 de abril: Saída dos alumnos de 4 anos A e B á Plaza de María Pita (Rutas urbanas animadas).
      26 de abril: Saída aos Xardíns de Méndez Núñez  para os alumnos de 3 anos A e B  (Rutas urbanas animadas)
      30 de abril:Saída ao Teatro (Caixa) para os alumnos de 4 e 5 anos A e B.
      Data por determinar:Taller de Educasaúde para os alumnos de 3 e 4 anos.

Agora só falta que deixe de chover para que non se suspendan....