miércoles, 17 de abril de 2013

SAÍDA MARÍA PITA, 4 ANOS

Dentro do programa DESCUBRIR CORUÑA do Concello, os alumnos de 4 anos disfrutaron dunha fermosa mañá de martes na praza de María Pita onde aprenderon moitas cousas da nosa heroína e da batalla que tivo lugar hai moitos anos entre coruñeses e ingleses. Tamén observaron minuciosamente o interior da casa do Concello, buscaron diferentes materiais pola propia praza (madeira, metal, pedra, ...), reproduciron unha batalla con bolas de papel e buscaron aos compañeiros a través do son de varios instrumentos. Unha boa maneira de coñecer a historia por medio de xogos!



 



No hay comentarios:

Publicar un comentario

Que che pareceu esta entrada??

Gustaríanos moito que o compartas con nos!!

Lembra IDENTIFICARTE para poder incluir o teu comentario.

Anímate a comentar!!