viernes, 29 de noviembre de 2013

ÁRBORE DE NADAL

Unha vez máis pedimos a vosa colaboración para que, coa axuda dos vosos fillos, decoredes o triángulo verde de cortolina que levaron para casa. Na súa decoración podedes utilizar calquera técnica ou material (témpera, purpurina, ceras, collage, estampado, ..). Utilizade só unha das caras xa que a outra irá pegada á parede
Os triángulos deben estar de volta na escola antes do 5 de decembro para que forme parte do mural colectivo de infantil para este Nadal.
Seguro que pasades un tempiño agradable cos vosos fillo/as,
Graciñas!!

jueves, 28 de noviembre de 2013

MERENDAS SAUDABLES PARA 5 ANOS ....

Nas clases de 5 anos aproveitando o traballo que estamos a realizar cos vosos fillo/as sobre a conveniencia de ter HABITOS SAUDABLES (dentro da unidade do CORPO HUMANO), pretendemos potenciar as merendas ao longo da vindeira semana de forma especial.
Para isto contamos coa vosa colaboración xa que temos elaborado o seguinte "calendario":
LUNS 2 decembro - un lácteo ( iogur, bebible, queixo, ... )
MARTES 3 decembro - bocadillo de pavo, xamón, ...
MÉRCORES 4 decembro - froita
XOVES 5 decembro - cereais ( tortiña, cereais soltos, ... )


Cada un dos días que traían a merenda correspondente serán "premiado/as" cunha pegatina, e os que completen os 4 días levarán unha medalla que lles acredite coma "SAUDABLE"

 
 
Tamén estivemos a realizar menús saudables compostos por 1º plato, 2º plato e postre. Non temos moi claro qué alimento poñer en cada un, pero con un pouco de axuda elaboramos uns menús ricos, ricos ... lástima que foran en papel!
 

 

CASTAÑAS, CASTAÑAS, ...

Cos excedentes de castañas que quedaron logo de celebrar o magosto, os de 5 estamos a facer una figura humana, aproveitando o tema que estamos a traballar este trimestre.
Precisamos un pouco de axuda, pero estamos moi emocionados por facer cadanseu corpo, xa que nos encanta traballar coa plastilina. Temos que ser moi precisos posto que hai que facer cousas moi pequerrechiñas: ollos, nariz, boca, orellas, ...
Aquí tedes una mostra do ben que quedaron:





DESFRUTANDO O SOL DE NOVEMBRO...

Para que vexades o ben que aproveitan os raios do sol que estamos a desfrutar estes días, aquí tedes a mostra, podedes comprobar que algúns alumno/as utilizan o patio a modo de "praia" improvisada.
Outros prefiren seguir a xogar coma se tal cousa ....

martes, 26 de noviembre de 2013

SEMENTES

Hoxe a caixa máxica de 3 anos B trouxo un envase de iogur  e unhas sementes de cabaza. 
 
Tamén había unha nota que nos animaba a que as plantaran e puxémonos mans á obra.


A profe Teresa puxo un pouco de terra no fondo

Colocamos as sementes

Por turnos fomos tapando as sementes con terra


Agora só queda esperar.  Xa nos tarda velas medrar...

domingo, 24 de noviembre de 2013

PROFES EN PRÁCTICAS

Ao longo deste trimestre temos con nós dúas profes en prácticas, Alba e Tania. Están cursando estudios de Grao en Educación Infantil e comparten este tempo nas nosas aulas. Alba está coa profe Estrella en 5 anos A, e Tania coa profe Mª Carmen en 4 anos B, aínda que participan en actividades conxuntas, realizan tarefas en outras aulas e comparten o patio con todos nós.

 Así que se os vosos fillos vos falan delas non pensedes que cambiaron de profe, que non é o caso!





Tania conta o conto de "Serpi" 





Alba reparte os xoguetes da casa

martes, 19 de noviembre de 2013

Un almorzo especial.

Mimos, a mascota de 3 anos, trouxo froitas desta época do ano: mazás, peras, uvas, mandarinas, caquis e granadas. Observamos a súa forma, a cor, o seu interior ... e durante o almorzo fixemos unha degustación.
Ainda que algunha froita non a comen habitualmente, case todos os nen@s remataron o seu prato de proba e moitos repetiron.

                                                                

   
     
     Foi todo un éxito!

lunes, 18 de noviembre de 2013

SUMAMOS CON GARAVANZOS ....

Estamos a praticar sumas coa axuda de garavanzos. Todo vale con tal de comprender o concepto e obter bos resultados: dedos, pinturas, boliñas, ... Con garavanzos resulta moi divertido ...
Aínda que ás veces "escapan", vai moi ben manipulalos cos nosos dediños!
Mirade que ben:




miércoles, 13 de noviembre de 2013

MAGOSTO

O día 14 de novembro tivemos no cole a celebración do MAGOSTO.

Tivemos un montón de xogos tradicionais preparados para pasar unha xornada especial cos nosos alumn@s. E un montón de castañas para comer a fartar!!!!














MEDRAMOS MOITO .....

Os de 5 estamos a traballar o corpo, e un dos seus aspectos fundamentais é o crecemento, polo que os alumnos están traendo fotos de cando eran bebés e "xogamos" a adiviñar de quen se trata. Algunhas veces é moi fácil ... pero outras non tanto! Fixámonos nos rasgos da cara, se é neno ou nena, a cor do seu pelo (se o ten), .... E cando a foto era moi antiga decatámonos de que esa era .... unha profe!!!
Está sendo unha actividade moi divertida!
 
En uns días medirémonos para comprobar canto temos medrado. Seguro que os datos que temos recollidos do curso pasado xa quedan superados.
 
 
















No corcho da entrada do cole hai fotos de moitas das profes de infantil de cando elas eran pequenas .... a ver se sodes capaces de adiviñar de quen se trata...
 

TEMPO DE OUTONO ...


martes, 12 de noviembre de 2013

CABEZA, TRONCO E EXTREMIDADES

Xa sabemos cales son as partes principais do corpo, e debuxando cada unha delas por separado comprobamos que podemos compoñelo á nosa maneira ....



lunes, 4 de noviembre de 2013

BIBLIOTECA

Dende o Equipo de Biblioteca do cole queremos facer unha recopilación de DITOS, REFRÁNS, POESÍAS e ADIVIÑAS relacionadas co tempo do OUTONO, para o que pedimos a vosa colaboración. Podedes escribilos nun folio e que os nen@s decoren ou que eles mesmos participen na escritura na medida das súas posbilidades....
Con todos eles faremos un libro que pasará a formar parte do fondo da biblioteca do cole e estará dispoñible para todos.
 

ANIMÁDEVOS!!!!!!