Os de 5 estamos a traballar o corpo, e un dos seus aspectos fundamentais é o crecemento, polo que os alumnos están traendo fotos de cando eran bebés e "xogamos" a adiviñar de quen se trata. Algunhas veces é moi fácil ... pero outras non tanto! Fixámonos nos rasgos da cara, se é neno ou nena, a cor do seu pelo (se o ten), .... E cando a foto era moi antiga decatámonos de que esa era .... unha profe!!!
Está sendo unha actividade moi divertida!
En uns días medirémonos para comprobar canto temos medrado. Seguro que os datos que temos recollidos do curso pasado xa quedan superados.
No corcho da entrada do cole hai fotos de moitas das profes de infantil de cando elas eran pequenas .... a ver se sodes capaces de adiviñar de quen se trata...
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Que che pareceu esta entrada??
Gustaríanos moito que o compartas con nos!!
Lembra IDENTIFICARTE para poder incluir o teu comentario.
Anímate a comentar!!