jueves, 27 de febrero de 2014

DISFRACES VARIOS!!!

   Esta mañá o noso patio encheuse de cor con toda clase de personaxes: princesas, supermans, fadas, ninjas, bailarinas, vaqueiros, sevillanas ou animais, ... todos viñan emocionados e con ganas de lucir o seu disfraz.

   O sol quixo acompañarnos neste recreo e permitíunos xogar ao aire libre!

  
   


Mimos tamén se disfrazou!

3 anos  A


3 anos  B
4 anos  A
4 anos  B
5 anos  A

5 anos B

martes, 25 de febrero de 2014

XOVES 27

Coma os de infantil xa poden vir disfrazados da casa non é necesario pero que saibades que a manda é:

TODOS CON SOMBREIRO!!!!!!!

MÉRCORES 26

UN BIGOTE IMOS TRAER!!!!!!



MARTES 25

UN ZAPATO DE CADA COR !!!!!!



domingo, 23 de febrero de 2014

LUNS 24

HOXE TOD@S CON GAFAS DE SOL !!!!!

 
Mimos non quixo ser menos!

jueves, 20 de febrero de 2014

ENTROIDO 2014

   O día 28 de febreiro de 10:30 a 12:00 celebraremos o Entroido no patio do colexio: cantaremos, desfilaremos e bailaremos, para o que nos podedes acompañar. O tema elixido este ano é o do ESPACIO.
Da mesma maneira, ao longo da vindeira semana teremos unha serie de mandas a cumprir ...estade atentos!!

   Os nenos e nenas de infantil poderán vir disfrazados da casa do que queiran o xoves (evitade accesorios perigosos), e o venres comeremos doces típicos destas datas (rosquillas, orellas, filloas, ...) e disfrazarémonos aquí no cole cos disfraces elaborados:

                                             3 anos - lúas
                                   4 anos - soles
                                   5 anos - planetas

   Pasarémolo pipa!!

SAÍDAS DE 5 ANOS ....

Os de 5 saimos esta mañá ao Forum a ver unha obra de teatro chamada "AURORA" a cargo da compañía Elefante Elegante. Tedes que disculpar o erro, posto que na nota previa faciamos referencia a outra función. O certo é que nos gustou moito e soupemos desfrutala a tope.


"Espectáculo musical que mezcla teatro de autor y videocreación con el deseo de profundizar la experimentación de Elefante Elegante en el lenguaje visual. La música conecta con la acción proyectada en video creando un universo mágico, cómico y misterioso."





            Anteriormente a clase 5 anos A foi ao MAC onde realizou diversas propostas creativas. A visita da clase 5 anos B quedou postposta a causa dun temporal, probablemente haberá un cambio de actividade ...estamos á espera.

Analizamos  varias fotografías da exposición
Unha  instalación representaba
unha praia e había area!


 Despois fixemos un taller moi interesante: apagáronse as luces, utilizamos uns proyector e xogamos con diferentes imaxes.







miércoles, 12 de febrero de 2014

EXIPTO




Este curso estamos a viaxar moito: en 3 anos andan por China, en 5 anos estudan os planetas e os nen@s de 4 anos están aprendendo moitas cousas de Exipto.
Gracias á  inestimable colaboración das familias así quedou o recuncho da aula.


            


                                                                                                                                            


    MOITAS GRAZAS A TOD@S!!!



viernes, 7 de febrero de 2014

CHINA

Os nen@s de 3 anos están a aprender cousas sobre a China.
Descubriron que alí está a Gran Muralla, como é a súa bandeira, que os osos panda comen bambú, que hai unhas casas chamadas "pagodas"...e moitas cousas máis.

Hoxe Mimos deixou na caixa máxica un agasallo relacionado coa China. Que sorpresa nos levamos!

Intentaremos parecernos un pouquiño aos chineses...




Seriamos quen de coller o arroz cos palillos como se fai na China?... 
Intentámolo pero foi moi difícil!