jueves, 20 de febrero de 2014

ENTROIDO 2014

   O día 28 de febreiro de 10:30 a 12:00 celebraremos o Entroido no patio do colexio: cantaremos, desfilaremos e bailaremos, para o que nos podedes acompañar. O tema elixido este ano é o do ESPACIO.
Da mesma maneira, ao longo da vindeira semana teremos unha serie de mandas a cumprir ...estade atentos!!

   Os nenos e nenas de infantil poderán vir disfrazados da casa do que queiran o xoves (evitade accesorios perigosos), e o venres comeremos doces típicos destas datas (rosquillas, orellas, filloas, ...) e disfrazarémonos aquí no cole cos disfraces elaborados:

                                             3 anos - lúas
                                   4 anos - soles
                                   5 anos - planetas

   Pasarémolo pipa!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Que che pareceu esta entrada??

Gustaríanos moito que o compartas con nos!!

Lembra IDENTIFICARTE para poder incluir o teu comentario.

Anímate a comentar!!