Os de 4 e 5 fomos o pasado día 11 a un concerto no Palacio da Ópera titulado "De aquí para alá". Unha colorida bolboreta levounos nunha viaxe imaxinaria dende África, Cuba ata China ou Xamaica para chegar ao final do traxecto á nosa Galicia. Escoitamos, deste modo, melodías de diferentes lugares do mundo interpretadas con moi diversos instrumentos. Participamos con emoción e desfrutamos coa música.
Aquí vos deixamos un enlace para que vexades máis ou menos como foi:
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Que che pareceu esta entrada??
Gustaríanos moito que o compartas con nos!!
Lembra IDENTIFICARTE para poder incluir o teu comentario.
Anímate a comentar!!