Nas aulas de infantil esperamos ver como nacen plantas de CEBOLA que logo pasaremos ao horto do cole, onde xa hai leitugas, tomates ou nabos dos compañeir@s de primaria.
Tamén temos unha semente de AGUACATE metida nun recipiente con auga ás escuras que iremos observando día a día, ... nacerá?
E nun tarro transparente con papel mollado temos FABAS máis AZUKIS para poder ver claramente cómo van xerminando, ... pero sen terra?
Parécenos un traballo moi interesante para aprender dun xeito totalmente práctico.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Que che pareceu esta entrada??
Gustaríanos moito que o compartas con nos!!
Lembra IDENTIFICARTE para poder incluir o teu comentario.
Anímate a comentar!!