miércoles, 29 de octubre de 2014

DÍAS NON LECTIVOS

Lembrámoslles que, tal como se informou ao inicio do curso, o venres 31 de outubro e o luns 3 de novembro NON hai clase.

martes, 28 de octubre de 2014

SAMAÍN

Ao longo desta semana estamos a celebrar no cole o Samaín, unha tradición moi galega de anos atrás. Tedes más información sobre o tema na entrada adicada ao " Samaín".
Xa temos un montón de cabazas adornando o cole, pero aínda podedes traer máis.

                                                   



3 anos A


3 anos B

4 anos


5 anos




martes, 21 de octubre de 2014

RICONS DE OUTONO

O outono estase a espallar por todos os rincóns do  cole gracias ao traballo dos nosos artistas e á colaboración das familias.




   






domingo, 19 de octubre de 2014

DEGUSTACIÓN DE FROITOS SECOS

Os de 4 fixemos unha degustación de froitos de outono o pasado venres. Probamos noces, avelás, améndoas, cacahuetes, anacardos e tamén figos, uvas e ameixas pasas. Todo estaba rico, rico!!






martes, 14 de octubre de 2014

ABOTOAMOS OS MANDILÓNS ...

Os de 3 xa estamos mellorando moito na nosa autonomía á hora de poñer os mandilóns pola mañá ao chegar ao cole. O importante é intentalo, non é doado, pero moitos conseguen poñelo e incluso poñer un par de botóns. Ás veces vai do revés, outras non coincide o botón co seu burato, .... pero o esforzo vale moito a pena. Ánimo para estes campeóns!




lunes, 6 de octubre de 2014

REVISADE AS CABEZAS...

Como todos os cursos, algunhas familias  detectaron a presenza de piollo nalgúns dos nos@s alumn@s.
Revisen periódicamente as cabezas dos nen@s  e se atopan lendres e piollos, estos son algúns consellos para a súa erradicación:


-  Aplicar Permetrina ó 1% segundo as indicacións do fabricante. 
-  Peitear o cabelo húmido cun peite metálico para lendias, para quitar as lendias e os piollos mortos.
Repetir o tratamento unha semana máis tarde.
(O peiteado debe repetirse cada dous días durante a lo menos dúas semanas).
- Lavar (a unha temperatura mínima de 55 grados) a roupa interior, toallas, roupa de cama en uso e ourtras roupas e obxetos do nen@ infestado usados dende dus días antes.
- Aquelos obxectos que non se pode lavar (peluches, bonecos, cintas para o cabelo,...) deben pecharse nunha bolsa durante dúas semanas ou ben lavaranse en seco. 
 - Fregar cepillos e peites con alcol ou ben con auga quente a 55 grados, ou con xabón polo menos durante unha hora.
 - Aspirar alfombras e mobles tapizados.
 - Non compartir roupa deportiva, bufandas, cintas para o cabelo , e outros obxectos perosais..


miércoles, 1 de octubre de 2014

Chegou o outono a 5 anos

Parece que o verán non quere deixarnos pero o calendario di que estamos en outono.
En 5 anos están xa a traballar sobre o tema e decoraron os seus rincóns.
Estano a facer no edificio "dos maiores" e seguro que van mostrar o seu talento aos compañeiros de primaria.
Queda moito curso por diante!
Mostrando IMG_20140930_140533.jpg                       Mostrando IMG_20141001_100217.jpg


Mostrando IMG_20141001_100038.jpg
5 anos B
Mostrando IMG_20141001_100124.jpg
5anos A