lunes, 6 de octubre de 2014

REVISADE AS CABEZAS...

Como todos os cursos, algunhas familias  detectaron a presenza de piollo nalgúns dos nos@s alumn@s.
Revisen periódicamente as cabezas dos nen@s  e se atopan lendres e piollos, estos son algúns consellos para a súa erradicación:


-  Aplicar Permetrina ó 1% segundo as indicacións do fabricante. 
-  Peitear o cabelo húmido cun peite metálico para lendias, para quitar as lendias e os piollos mortos.
Repetir o tratamento unha semana máis tarde.
(O peiteado debe repetirse cada dous días durante a lo menos dúas semanas).
- Lavar (a unha temperatura mínima de 55 grados) a roupa interior, toallas, roupa de cama en uso e ourtras roupas e obxetos do nen@ infestado usados dende dus días antes.
- Aquelos obxectos que non se pode lavar (peluches, bonecos, cintas para o cabelo,...) deben pecharse nunha bolsa durante dúas semanas ou ben lavaranse en seco. 
 - Fregar cepillos e peites con alcol ou ben con auga quente a 55 grados, ou con xabón polo menos durante unha hora.
 - Aspirar alfombras e mobles tapizados.
 - Non compartir roupa deportiva, bufandas, cintas para o cabelo , e outros obxectos perosais..


No hay comentarios:

Publicar un comentario

Que che pareceu esta entrada??

Gustaríanos moito que o compartas con nos!!

Lembra IDENTIFICARTE para poder incluir o teu comentario.

Anímate a comentar!!