domingo, 14 de diciembre de 2014

NADAL 2014

O vindeiro venres teremos o festival de nadal do cole coma fin a este primeiro trimestre que está a piques de rematar. Por falta de espacio no salón de actos divídese en dúas partes: a primeira para alumnos de infantil, primeiro e segundo de primaria; e a segunda parte para os demais cursos.

Coma en anos anteriores o xoves 18, á 1, os alumnos/as de infantil faremos o "ensaio xeral" ao que estades invitadas as familias. Dado o reducido do espacio pregamos que non acudan máis de 2 persoas por neno/a. Tamén pregamos a máxima celeridade á hora de subir ao salón (abrirán as portas 10 minutos antes), á fin de interromper o menos posible ás aulas de primaria.

Para tan ilustre actuación precisamos:
3 anos: que veñan vestidos con roupa oscura e traian un espumillón para adornar nos pulsos
4 anos: que traian pantalón vaqueiro e camiseta blanca
5 anos: xa teñen elaborado o vestuario necesario

Temos practicado moito e posta moita ilusión, esperamos que todo nos saia á perfección, e, sobre todo, que vos guste!

O día 19 será un día de festa polo que vos pedimos comida típica para compartir cos compañeros na aula.

AS VACACIÓNS DE NADAL SERÁN ATA O XOVES 8 DE XANEIRO, DÍA NO QUE NOS VOLVEREMOS VER!

DESDE O EQUIPO DE INFANTIL VOS DESEXAMOS FELICES FESTAS A TOD@S!!!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Que che pareceu esta entrada??

Gustaríanos moito que o compartas con nos!!

Lembra IDENTIFICARTE para poder incluir o teu comentario.

Anímate a comentar!!