viernes, 30 de enero de 2015

MERCADILLO SOLIDARIO

Os dous premios do sorteo corresponderon a Aroa Pan, de 4º B, e Adriana Hoyos de infantil 4 anos B (número 104). Noraboa ás dúas!



Un ano máis o noso mercadillo solidario resultou un grande éxito: máis de 1.300 euros recadados!








Moitísimas gracias a todos pola vosa colaboración!!!

lunes, 26 de enero de 2015

DÍA DA PAZ

Coma en anos anteriores o vindeiro día 30 de xaneiro celebraremos nas escolas o día da paz. No noso cole organizamos o mercadillo solidario ca fin de recadar cartos para enviar a Guinea e así poñer o noso graniño de area.
Nas aulas estamos a tratar o tema cos nenos/as explicándolles o que é a PAZ cos compañeiros no cole e coa familia na casa (evitando pelexas, resolvendo os conflictos falando, reaccionando de forma non violenta, ...) e o valor da solidariedade cos máis desfavorecidos (comprobando a realidade de nenos/as coma eles que viven noutros países con menos recursos).
Tamén realizamos traballos e debuxos relacionados co tema:






sábado, 17 de enero de 2015

Domus

Os nen@s de 5 anos visitaron a Casa do Home.  Alí poideron medir, observar, xogar e experimentar.
Seguro que contaron moitas cousas da visita. Aquí tedes unha pequena mostra do ben que o pasaron.
Quedaron con ganas de repetir!








lunes, 12 de enero de 2015

XOGAMOS NO "NOVO" PATIO

Hoxe poidemos desfrutar dunha soleada e fermosa mañá de xaneiro. Despois de varios imprevistos, ao fin temos o noso patio de infantil rematado e listo para o seu uso. Velaí tedes a proba:








domingo, 11 de enero de 2015

Visita ao Planetarium

Os nen@s de 4 anos foron ao Planetario. Foi unha visita  moi interesante pois aprenderon de planetas, estrelas e constelacións gracias a unha estrela chamada Fugaz e o seu amigo Remi.
Despois tivemos tempo de experimentar nas instalacións da Casa das Ciencias e mesmo tocamos un poliño recién  nacido!











jueves, 8 de enero de 2015

COMEZA O SEGUNDO TRIMESTRE ....

Xa temos volto á rutina da escola despois de tantos días de vacacións e ... vaia sorpresa! Os Reis Magos tamén tiveron en conta as cartas dirixidas desde infantil do cole Wenceslao: cada aula recibíu un paquete con puzzles, xoguetes e demais.