lunes, 26 de enero de 2015

DÍA DA PAZ

Coma en anos anteriores o vindeiro día 30 de xaneiro celebraremos nas escolas o día da paz. No noso cole organizamos o mercadillo solidario ca fin de recadar cartos para enviar a Guinea e así poñer o noso graniño de area.
Nas aulas estamos a tratar o tema cos nenos/as explicándolles o que é a PAZ cos compañeiros no cole e coa familia na casa (evitando pelexas, resolvendo os conflictos falando, reaccionando de forma non violenta, ...) e o valor da solidariedade cos máis desfavorecidos (comprobando a realidade de nenos/as coma eles que viven noutros países con menos recursos).
Tamén realizamos traballos e debuxos relacionados co tema:






No hay comentarios:

Publicar un comentario

Que che pareceu esta entrada??

Gustaríanos moito que o compartas con nos!!

Lembra IDENTIFICARTE para poder incluir o teu comentario.

Anímate a comentar!!