![]() |
| Obra orixinal |
Os nosos pequenos artistas de 5 anos coñeceron os impresionistas. Traballaron un dos mais famosos cadros de Monet , da súa serie "PAPOULAS".
Coma cada primavera chegaron ao noso cole, un ano máis, uns visitantes moi especiais: os gusanos de seda. Esta mañá observamos coma estaban a comer nas follas de morera que teñen na súa "casiña" (unha caixa de zapatos). Non paran de comer ..., son uns verdadeiros glotóns!
Xa sabemos que naceron de ovos e que máis adiante hanse converter en bolboreta. Incluso temos un deles que xa está metido na súa crisálida ... que emoción!
