viernes, 8 de mayo de 2015

RUTAS URBANAS

Os nenos e nenas de 4 e 5 anos tiveron a oportunidade de participar nas RUTAS URBANAS que organiza o Concello todos os anos. Como sempre foi moi interesante e os monitores destas actividades fixeron que aprenderan moitas cousas a través de diversos xogos.

MARÍA PITA
Os nen@s de 4 anos foron á Prza de María Pita. Alí puideron entrar no edificio do Concello, aprenderon sobre a heroina da cidade, o pirata Drake e mesmo recrearon a batalla contra os ingleses... con bolas de papel!!!




 





OS CANTÓNS
Os de 5 anos fixeron a visita ao pasado dos Cantóns.  Descubriron cómo eran os edificios que había hai anos onde agora encontramos o Hotel Atlántico, o Kiosco Alfonso, a Terraza,... 
Tamén observaron o monumento a Curros e o significado dalgunhas das súas imaxes, a estatua adicada ao libro, o Palco da música, ...









No hay comentarios:

Publicar un comentario

Que che pareceu esta entrada??

Gustaríanos moito que o compartas con nos!!

Lembra IDENTIFICARTE para poder incluir o teu comentario.

Anímate a comentar!!