
Esta mañá os de 4 anos B fixemos uns boliños de pan que levamos para a casa con moita ilusión.
Primeiro de todo limpamos ben as mans e as mesas, logo observamos os ingredientes e escribimos as palabras, medimos e pesamos, para logo mezclalos. Despois as profes repartiron un anaquiño de masa a cadaquén para amasar cadanseu boliño. Puxemos o número da clase para identificalos e metémolos no forno 20 minutos. (Graciñas á AMPA que nolo prestou)
Comprobamos como ulía o pan ao sair do forno quentiño e xa só quedaba catalo: as profes repartiron unha proba e o boliño foi para casa.
Foi unha experiencia realmente interesante e todos rematamos moi contentos.
Os de 4 anos A farán a actividades o vindeiro mércores.